border="0"

12.4.11

Multas pola protesta da vivenda do 23-D en Vigo [03.07]

As dúas persoas identificadas durante a manifestación polo Dereito Social á Vivenda do 23 de decembro, recibiron notificación por parte da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para que paguen unha sanción de 150 euros cada unha, por alteración da orde pública.

A protesta foi como se relatou nesta nova: http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9585.shtml

Enviáronselle pregos de descargo, reiterando que non alteramos nada e que as persoas identificadas non eran as convocantes, senón que participaban na protesta igual que o resto das asistentes.

Para ir sacando algúns cartos, durante o concerto que da o grupo "Os Podridos" o 10 de marzo a partir das 21h, no C.S. "A Cova dos Ratos" r/Romil,3 baixo Vigo, sortearemos o libro "El tsunami urbanizador español y mundial" de Ramón Fdez. Durán, as rifas valen 1 euro e pódense mercar no citado Centro Social.

Precarias en Loita