border="0"

12.4.11

24 de marzo manifestación polo Dereito Social á Vivenda [2007]

Sábado 24 de marzo, Manifestación: "Contra a especulación, Construamos o Dereito Social á Vivenda"

Saída ás 17h desde a Porta do Sol.

(Aproveitaremos o acto para entregar o premio do concurso fotográfico "Retrata as agresións urbanísticas, vivendas abandoadas ou urbanizacións ilegais en Vigo e arredores.")

Ven con nós a deambular polo espazo urbano na busca de desexos
subversivos e trae a túa caixa de cartón ou os materiais para facerte unha chabola.
E non esquezas decorala cos motivos da túa protesta!!!.

Urbanicemos a rúa coas nosas protestas e as únicas vivendas que podemos permitirnos, as máis axeitadas á nosa precariedade.

Plegábeis, fáciles de montar, cómodas de transportar e acoplábleis a calquera superficie (a poder ser inmobiliarias, bancos ou casas de especuladoras).

O último en alternativas para resistir ao desaloxo e á falta de Vivenda Digna!!!.

Precarias en Loita