O Concello de Vigo pretende instalar cámaras de videovixianza para controlar a zona da rúa do Principe, porta do sol, praza da princesa e arredores. O proxecto, deseñado pola mesma empresa (ESYCA) que asesorou a instalación das cámaras en Compostela, foi encargado pola asociación de comerciantes e aprobado, por suposto, polo Concello, ainda que introducindo algún cambio: instalar só 4 cámaras en ves das 8 propostas (qué detalle), pero con maior campo de control (vaia). A escusa para este ataque á liberdade de tódalas/os viandantes: eliminar os roubos ós comercios da zona. ¡Que ironía! Como se o maior roubo non fose o que ese comercios cometen continuamente, tanto contra as persoas que directamente ou indirectamente traballan para eles, como contra á clientela, á que ofrecen un producto cuns prezos desorbitados e inxustificados.
A instalación destas cámaras de seguridad ten dúas implicacións: En primeiro lugar, concebir a rúa como unha extensión da posesión dos negocios nela instalados; polo tanto, son eles quen deciden o que se fai na rúa, que non deixa de ter, nesta óptica, máis que a función de permitir o acceso ó local comercial, queda así a súa importancia reducida únicamente ó valor que ten para o mercado. Pero xunto a isto, supón o control das zonas de maior actividade social da cidade. Ademáis de ser un espacio onde a música, o teatro, a pintura...están ilicitamente presentes, a rúa do príncipe (e tamen a porta do sol e a praza da princesa) son o punto de referencia para tódalas accións de protesta, reivindicacións, ou simplemente para a difusión de ideas e mensaxes.
Non custa moito imaxinar qué ocorrera cando estas cámaras estean instaladas e se realicen alí actos de protesta ou pegadas de carteis, esas imaxes seranlles moi útiles para extender a represión, aumentar o control social, e en última instancia, incluso buscan un efecto disusorio de cara a que algunha xente prefira non facer actos nesa rúa, para evitar ese control.
Non podemos permitir:
Que o control e a fiscalización das nosas vidas continúe avanzado, que se privaticen os espacios públicos de socialización e se convirtan en meros espacios onde mercar e vender.
Que se estableza un estado policial (disimulado e mellorado polas novas tecnoloxías) no que todos os cidadáns somos sospeitosos e debemos ser vixiados.
Que a maior parte dos recursos e esforzos se dediquen a medidas represivas en lugar de a medidas sociais, criminalizando a disidencia política, a venta ambulante, ou o gamberrismo urbano; e pretendedo convertilos para a opinión pública, nos maiores problemas para a convivencia e a seguridade.
Para nós, a maior agresión sobre as nosas vidas é a perdida dos nosos dereitos sociais e o recorte das liberdades.
¡Cámaras non!
Grupo de Axitación Social