"Camino: franja de tierra por la que se va a pie. La carretera se diferencia del camino no sólo porque por ella se va en coche, sino porque no es más que una linea que une un punto a otro. El camino es un elogio del espacio. Cada tramo del camino tiene sentido en sí mismo y nos invita a detenernos. La carretera es la victoriosa desvalorización del espacio, que gracias a ella nos es hoy más que un simple obstaculo para el movimiento y una perdida de tiempo"
Juan Díez del Corral
Juan Díez del Corral
O incremento das infraestructuras viarías locais, vinculadas a un crecemento económica paralelo, irrompe outra volta ao amparo dunha conciencia crítica máis que anodina. Fronte ao ascenso de procesos desarrollistas encubertos, progresa a idea do ben común que supón a modernización posta en marcha. Persiste a crenza, moi extendida entre os afectados, que ante a ausenza dunha resposta firme contra ditos planos, haberá compensacións acorde coa destrucción da paisaxe periurbana.
A ronda non pretende conecta-la cidade senón evitala avanzando sobre a xeografía rural unha rede de estradas que comuniquen os centros loxísticos, presentes ou futuros, sen maiores obstáculos cos pliegues do territorio amenazado. A Ronda de Vigo toma o relevo a outros grandes eventos agresivos co entorno urbano, algúns en estado moi avanzando de execucción, silenciados gracias a esa mirada autocomplacente que se produce arredor dunha ameaza que promete traer grandes beneficios para todos. Esta vaga observación permítenos afirmar que non é tanto o tráfico motorizado, co seu ícono por excelencia o automobil, a razón substancial da grandiosa transformación do extrarradio vigués senón o tráfico de mercadorias, libre de toda mirada curiosa. A regla é moi sinxela: acurta-la distancia e aforrar tempo para abarata-los custes.
A gravidade do asunto remítenos, xa non ao que se perdeu baixo o noso silencio cómplice como ao que resta por vir, a saber, un trazado que se inicia en "Teis hasta el límite con [el concello de] Nigrán, pasando por San Xoan Poulo, Lavadores, Cabral, Sárdoma, Castrelos, Matamá, Comesaña, Coruxo y San Miguel de Oia. Tendrá cuatro carriles separados por una mediana y unos treinta [o cuarenta] metros de ancho. Su afección será mucho más grande, ya que teniendo en cuenta destierros, aterramientos, viaductos o pilares, la ocupación será mayor degradando lugares y viviendas que oficialmente no están afectadas" (FdV 14/2/2004). Para as zonas habitadas os danos económicos causados serán incalculabeis, ademáis do impacto deshumanizador que supoñen as obras, o ruido e a contaminación (son só algúns exemplos). En troques, permanecemos expectantes, cando non alleos, á perda irreparábel da identidade das comunidades vivintes asentadas hai xeracións que verán esgotadas as súas formas de vida propia ou a permanenza de saberes acumulados. A excusa do progreso imponse sobre unha catástrofe social que se di irreversibel.
Como parte do Plan Xeral, que considera a Ronda irrenunciabel, a equipa redactora deste macroproxecto urbanístico magnifica as súas virtudes que van desde o ambito cívico/empresarial mediante "un vial urbano que tiene como principal objeto comunicar los distintos núcleos de población del interior y que será permeable en su trazado, con varias rotondas de comunicación [e igualmente] servirá también para comunicar las zonas industriales previstas"(FdV 3/3/2004). O colpaso endémico que sofre Vigo expórtase cara ó rural onde a calidade de vida sobrevivira ás secuelas do desenvolvemento industrial. Á hora de facilita-la aceptación de meirandes umbrais de deterioro ambiental o confusionismo organizado cobra vital importancia gracias ao uso de recursos tan eficaces como son a información sesgada ou a manipulación da linguaxe. A cidade neurótica é o escaparate da modernidade.
Outra consecuencia, non menos chamativa, pois xorde da mesma situación de violencia unilateral, é o nacimento da Coordinadora pola Supresión da Ronda, única alianza, polo momento, que amosa o seu rexeitamento a tal proxecto ao que considera unha "agresión grave y brutal a la identidad de la sociedad viguesa desde cualquier punto de vista que se considere: económico, social, cultural o urbanístico" (FdV 14/2/2004). Propoñen de forma concreta a súa supresión e non outro argumento. A degradación do espacio habitabel non se negocia. Esta debe se-la súa forza. Consideran que a utilidade dunha tal empresa xa está cuberta co tramo da autopista Rande/Puxeiros, esixindo ao tempo a eliminación da peaxe, que aliviaría a necesidade de Vigo e a Mancomunidade en canto ao tráfico rodado. Ainda que non todo o monte é ourego. Os mesmos críticos coas obras semellan festexa-la profileración do autoinmobil nas nosas rúas con sendas machas motorizadas.
O rural vigués, tan rico coma diverso e extenso, debe se-la primeira aposta por un modelo diferente de cidade. Unha cidade democrática que descubra aos seus cidadáns os males que a acechan, dos perigos que están por chegar. "Hay que decir lo que se quiere: que habrá que poner límites a las ciudades, impedir las obras faraónicas, reutilizar las zonas residenciales, detener los Proyectos turísticos e ir desmantelando progresivamente las zonas dedicadas a tan deprimente actividad, luchar contra la degradación de los barrios periféricos, dificultar el acceso rodado a los espacios naturales, favorecer la edificación artesanal, acabar con la especulación inmobiliaria y con la constructora...Que reducir la movilidad imperante requerirá medidas tendentes a dificultar al máximo el tráfico, tanto en el exterior como en el interior de las ciudades y pueblos, volver los lugares de residencia más habitables, hacerlos coincidir con los lugares de trabajo, implicar a sus habitantes en la gestión de los mismos, poner trabas al transporte privado y la fabricación de automóviles, disminuir de verdad la jornada laboral...Todas las calles, y no solamente las del centro, han de ser recuperadas por el transeúnte, no para el comercio" (Miguel Amorós). Estamos, pois, perante unha das liñas mestres que marcarán o camiño da loita de clases nas vindeiras décadas: a técnica do dominio e o dominio da técnica.
Victor Oia