O sábado 16 arredor das cinco da tarde comezou a concentrarse xente nos arredores do MARCO, e en quince minutos un muro dun tres metros de alto ocupaba toda a saída de Príncipe con dous pasos estreitos nos extremos e un no centro, así a xente que pasaba pola rúa comezou a facer parte da protesta e tiveron máis fácil visualizar a idea dun muro limitando a súa vida cotiá.
@s asistentes que o desexaron, puideron escribir o que opinaban sobre o tema nunhas follas que foron pegadas no muro.
A partir de que o muro estivo feito unha ducia de participantes disfrazados entraron en acción, uns levaban atuendo militar representando as forzas israelís que vixían o muro e outras caracterizadas como palestin@s (mesmo cunha bandeira). Estas tentaban pasar ó outro lado do muro, sendo repelid@s repetidamente polos seus vixiantes mesmo con disparos das súas armas de cartón, (que coa axuda de petardos disparaban máis ruidosamente do que puidera pensarse) ata que finalmente en medio de berros de liberdade para Palestina o muro foi finalmente derrubado. Ó mesmo tempo pola megafonía desgranabamos datos e testimonios sobre o drama que sofre o pobo palestino e a inxustiza que ben a sumar a construcción deste muro que Israel leva adiante coa excusa da seguridade e a loita contra o terrorismo e que supón un auténtico crime contra a humanidade.
Ata tres veces foi reconstruido o muro e sucesivamente foi derrubado, tras trifulcas entre militares e palestin@s pero nas seguintes veces só houbo dous pasos polos extremos e o seu derrubo foi provocado non só pol@s palestin@s, senón tamén por cada vez máis asistentes ó acto que se sumaron a demolición.
Máis de 150 persoas asistiron ó acto durante todo o seu decorrer e podemos asegurar que nunha rúa como Príncipe tan ateigada de viandantes nesas horas o acto tivo boa acollida pola maior parte e o máis importante non pasou desapercibida para ninguén.
Tanto o Faro de Vigo como a Voz de Galicia reseñaron o acto cunha foto e unhas liñas.
O acto tiña como lema "Urxente por Palestina, derrubemos o muro!!" e foi organizado por: Asemblea Anti-imperialista, S.R.I., C.S. A Revolta, C.S. Reviravolta, Espazo Aberto Antimilitar (CGT, Ateneo Libertario, Asoc. Caleidoskopio, Grupo Axitación Social).
GAS