Festa reivindicativa na rúa.Vigo 23 de outubro ás 17:00 fronte o Marco
Recuperémo-las rúas. Recuperémo-los espazos públicos. Que a rúa sexa un de convivencia e xogo.Queremos cidades libres de coches e de autoritarismo, cidades participativas, ecolóxicas e humanas.
Non hai tanto tempo, a vida cotiá facíase na rúa, ó aire libre fóra das vivendas e dos lugares de traballo, pero hoxe en día foi desprazada cara a espazos privatizados. O Concello actúa como se a rúa lle pertencese sometendo todo a ordenanzas municipais. Vixiado por cámaras e todo tipo de policías, a cidadanía acaba interiorizando esta relación de submisión e asimilando as prohibicións ata parecerlle lóxicas e normais. Se non estás traballando ou consumindo, non tes lugar na rúa, nesta, todo está prohibido: Estacionarse, beber, cociñar, comer, cantar, durmir, lavar, pintar, amar...
O Concello continuamente inicia plans para erradicar e quitar do medio á xente molesta porque “...non se pode consentir que fagan vida doméstica na rúa, no centro da cidade” (Corina Porro). Empregan á policía para acosar ós mendigos, aparcacoches, prostitutas, vendedores ambulantes... E para aumentar a coacción e o control social, pretenden instalar cámaras na rúa do Príncipe e nos accesos á Praza Elíptica, pagados polos propios empresarios xa que son os seus intereses o que protexen.
Outra das estratexias para acabar co uso público das rúas é dar prioridade ós coches. Non é só que o coche sexa un medio de transporte caro, ruidoso, contaminante e con capacidade para matar; senón que a circulación dos vehículos mediatiza todo o concepto de cidade e as nosas vidas; fai que o espazo urbano quede imposibilitado para a relación social, a liberdade e a espontaneidade, as rúas son para os coches e xa non poden ser para nada máis.
Nas nosas cidades, onde vivimos amoreados e illados e illadas en pisos, as rúas deberían ser os espazos comúns, lugares vivos onde desenvolver a actividade humana e as relacións sociais; pero nas mans dos poderes e as empresas, son só lugares para desprazarse e non para permanecer. Tampouco nas rúas peonais ou nas prazas, xa que estes son lugares para mercar, para pasear vendo os escaparates que excitan o noso consumismo e para que os hostaleiros enchan todo de terrazas con mesas e cadeiras da cocacola.
A comunidade, a opinión pública que antes creaba a xente ó atoparse e comunicarse cara a cara, agora vén dada polos medios de comunicación e sobre todo das televisións, en mans dos poderes económicos e políticos.
Por iso, unha forma radical de diversión e resistencia, xa é simplemente atoparnos e relacionarnos na rúa fuxindo do control que a economía exerce sobre tódolos aspectos da nosa vida. Reivindicamos espazos libres de coches pero tamén libres do capitalismo, xa que a fin de contas a polución que produce é peor cá dos coches.
Todo isto está relacionado con máis cousas, como a megaconcentración urbana, a cultura dos horarios e as presas, o control da cultura, a división lecer-traballo, a rutina produtivista, o poder, a forma actual de (mal)vivir, a precariedade en tódolos aspectos da vida. Todo isto é o que queremos cambiar, pero para conseguir un cambio global temos que comezar co que nos rodea, o noso municipio.
Ante isto a Asociación Caleidoskopio e o Grupo de Axitación Social vos facemos unha proposta desobedente, acudir e participar deste acto, que terá lugar o vindeiro sábado 23 a partir das 17:00, na cidade de Vigo fronte o Marco (Na rúa Príncipe). Acude e participa! Esperamos contar con malabaristas, algo de música e poesía, papeo vexeta, exposicions e presentacions de colectivos sociais ... e a túa presenza e propostas. Vémonos!
Mais info en: "A Cova dos Ratos" Romil 3 Baixo - Vigo 986 - 49 33 81 caleidoskopio(a)sindominio.net gasvigo(a)moviments.net