O día 15 de Febreiro foi un gran éxito da humanidade, máis de 110 millóns de persoas manifestaron en todo o mundo o seu compromiso contra a guerra, a iniciativa de movementos sociais coordinouse internacionalmente a protesta, de forma descentralizada.
Pero isto non quedou aí como un feito histórico ou illado, serviu para cristalizar un movemento contra a guerra que xa viña de antes e que continua hoxe.
Agora, a oposición ó ataque ten que ser máis firme, os que pretenden atacar Iraq deixan ver ás claras que as manifestacións por masivas que estas sexan, non os farán cambiar os seus plans.
Tampouco debemos esquecer que a guerra global xa está en marcha, aínda que non fose declarada en Iraq, alí existiu durante todos estes anos de xenocidas sancións internacionais e bombardeos selectivos, tamén en Afganistán onde buscando combater o terrorismo provocaronse máis víctimas inocentes e se impuxo un goberno títere dos USA, igual de corrupto e criminal que ó que substitúe, existe en África, con numerosas guerras esquecidas promovidas polas multinacionais e que se fan pasar por tribais, existe aquí en Europa coas fronteiras pechadas para os refuxiados e inmigrantes, ou leis que limitan cada vez máis as nosas liberdades á vez que serven para enmascarar a tortura e o terrorismo de estado.
Existe en todo este mundo en definitiva, convertido en Imperio global, cos USA á cabeza pero coa complicidade necesaria do capitalismo mundial (tanto de Oriente como de Occidente) que os precisa para defender e estender o seu dominio sobre persoas e recursos.
Seguindo a liña da coordinación internacional, nós difundimos o chamamento para que o día que se produza o ataque se realicen accións encamiñadas a paralizar a nosa cidade, non pode ser que entremos en guerra e isto pase desapercibido na nosa vida cotián.
Ademais ese día concentrarémonos ás 20 horas no MARCO (rua do Príncipe), pero debemos converter a concentración nun corte de tráfico, para que a protesta se amplifique como declaración física de que estamos dispostos a desobedecer e enfrontar a súas leis e decisións inxustas.
Grupo de Axitación Social
Panfleto repartido na manifestación contra a guerra realizada en Vigo o día 15 de Marzo, que convocada pola Coordinadora Galega pola Paz, congregou a unhas cen mil persoas, comezou ás sete datarde desde Vía Norte e rematou na Porta do Sol.