A finais do ano pasado e durante o mes de xaneiro de 2004, desenvolvimos esta campaña difundindo o seguinte texto entre a cidadania, ademáis pegamos cartaces por distintas zonas da cidade e colgamos outros en estatuas da Alameda, a Gran Vía, etc. reclamando un transporte público e gratuito para todos.
Nestes tempos nos que de novo, tanto os partidos chamados progresistas como os conservadores, volven considerar a gratuidade parcial do transporte público nas cidades como unha posible promesa electoral que lles pode dar rendabilidade nas urnas, é necesario que a inicitiva e o debate volva a nós, os cidadáns, que a fin de contas somos os que esiximos, padecemos, necesitamos e empregamos o transporte público.
Na nosa cidade o novo ano trouxo coma sempre unha nova subida do billete a pesar de que segue a ser o máis caro de Galiza, de que non melloraron significativamente o servicio, e de que non teñen en conta os recursos reais (ou a falta dos mesmos) das persoas que dependemos deste transporte.
Nunha terra coma Galiza, sacudida pola catastrofe do Prestige, non podemos eludir as medidas reais que poden evitar que outras catástrofes relacionadas co petroleo se repitan no futuro, e estas pasan sen dúbida, por unha reducción no consumo enerxético, o cal non é compatible co fomento actual do automóbil particular, que ademáis trae aparellado a destrucción da capa de ozono, así como unha gran contaminación acústica e altísimas tasas de mortalidade por accidentes, etc.
Pero ¿é viable económicamente ou é outra utopía social e ecoloxicamente benintencionada? Pois só podemos responder denunciando o modelo actual de sociedade que se reflexa nas políticas de transporte impostas polas necesidades de abrir mercados da globalización capitalista, o predominio dos intereses privados fronte ós públicos e dos intereses económicos fronte ós das persoas.
É inmoral que se destinen hoxe en día miles e miles de millóns ás obras faraónicas que facilitan as comunicacións entre as grandes metrópolis para unha minoria elitista e os intercambios comerciais dos grandes capitais, de costas ás necesidades reais do transporte que temos o común das persoas. En Galiza é de plena actualidade ver como a Renfe eliminou a maioría de liñas de cercanías ó mesmo tempo que se nos venden as da alta velocidade como algo imprescindible para o "progreso", ¿o progreso de quén? Ademáis do seu grande coste económico, estas grandes obras polas que se esta apostando, son as que máis impacto ambiental causan, pensemos nas obras dos trenes de alta velocidade, os aeroportos, as autroestradas e autovías, e mesmo os plans de recheos na ría para o transporte de mercancías.
Queremos que:
Os transportes públicos urbanos sexan públicos para todos.
Se potencie o transporte público colectivo fronte o particular (mellorándoo, ampliando horarios...)
Se pacifique o transito nas cidades, reducindo a mobilidade obligatoria, recuperando os espacio viario para o transito peatonal e as bicicletas, e limitando o transporte motorizado individual no centro da cidade.
Se teñan en conta as necesidades locais, sociais e económicas dos usuarios fronte as actuais políticas de transporte que desenvolven os modelos insostibles.
Grupo de Axitación Social