border="0"

14.3.11

Presentación [Ano 2004]

O Grupo de Axitación Social xurde fai un ano mais ou menos, e desde o primero momento a nosa maior actividade son as protestas contra a guerra de Irak e o militarismo:

Nesta liña de traballo ademas de participar nas manis, colocamos pancartas en estatuas, coloreamos de vermello a auga do monumento ó traballo de Gran Vía, colocamos cruces con lemas contra a guerra na praza da independencia,etc. Durante esta primeira etapa entramos en contacto co "Campamento civil contra a guerra e o militarismo", participando na acción que simulou un bombardeo na rua do príncipe; e unha acción que consistiu en depositar osos e un líquido similar ó sangue nas portas de levi`s, Mcdonalds e na sede do PP. Tamen estivemos na tenda informativa que o campamento mantivo no Expoprestige, onde colocamos unha gran pancarta do GAS. Tralas eleccións municipais o campamento deixou de funcionar, e nós, por esas datas participamos na campaña pola obxección fiscal ós gastos militares, entre outras cousas facendo un mural.

A finais do verán xorde unha coordinadora antimilitarista denominada Espazo Aberto Antimilitar que a día de hoxe, segue funcionando. Nela participamos xunto co Ateneo Libertario, o colectivo Kaleidoskopio, e a CGT; froito desta colaboración realizamos varias concentracións contra a guerra, contra a conferencia de doantes que se realizou en Madrid para repartirse o negocio da reconstrucción de Iraq; e contra a presencia na nosa cidade do autobús de reclutamento do exercito profesional,etc.

E tamen asuminos este ano a campaña de Obexcción Fiscal, da cal se fixo unha presentación na Cova Dos Ratos e se repartiron bastante trípticos.

En torno o aniversario da guerra de Iraq do dia 20 de marzo, organizamos unha manifestación (coincidindo coa Plataforma Anti-Imperialista) e un posto informativo cunha mesa e varios paneis na rúa do príncipe, pola maña e pola tarde dos días 19 e 20 que se mantivo mesmo durante a mani, e no que informamos dos gastos militares, a guerra, a obxección fiscal e outros temas antimilitaristas.

Outra liña da nosa actividade:

A difusión de encontros anticapitalistas como o de Tesalónica e que despois derivou no apoio os detidos tralas protestas, difundindo o caso, enviando cartas ó consulado grego, apoiando alguns actos que se fixeron, etc.

Tamén estamos no Foro Social de Vigo, de cara a consolida-lo tecido asociativo local con outras organizacións que buscan mellora-la sociedade, a sua ultima actividade na que apenas participamos por falta de tempo non de interese, foi contra o consumismo e a explotación infantil na fabricación de xoguetes, e realizouse durante o ultimo nadal.

A reinvidicación de dereitos sociais é unha das nosas prioridades, nisto enmárcase a reinvidicación do Transporte público e gratuito, e a coordinación con Baladre (Coordinación de loitas contra o paro,a pobreza e a exlusión social) acudimos os seus ultimos encontros no Porto e Lleida.

A partires disto asumimos tentar difundir e distribuir en Vigo a revista LLetra @, e publicitar os "II Encuentros internacionales sobre Renta Básica", que se celebrán en Barcelona en Setembro organizados por Baladre e enmarcados nas actividades da "Assamblea Resisténcies al Forúm 2004".