Os estados con vondade hexemónica encontran sempre os mecanismos para afirma-lo seu poderío sobre os pobos sometidos. Os niveis de humillación varían segundo o sometemento requerido. O pobo resiste e a presión entón vaise facendo cada vez máis insoportabel, ata a total desaparición da súa vondade.
O estado de Israel coñece e emprega tódolos medios ó seu alcance para o sometemento do pobo Palestino.
A construción por parte do estado israelí dun muro para illar ó pobo palestino, atenta contra a dignidade de toda a humanidade, por isto é unha obriga de tódolos pobos do mundo esixir:
- Que o goberno de Israel paralice a construción do muro, que destrúa os tramos xa construídos, que devolva as terras confiscadas para a súa construción e que se permita o regreso da poboación palestina refuxiada.
- Que se respecten os dereitos humáns na zona (especialmente coa xente presa, que hai pouco fixo unha folga de fame para denunciar as condicións infrahumanas nas que se encontran e esixir que se respecten as leis internacionais sobre os dereitos nas prisións).
- Que se acabe a ocupación dos territorios palestinos por parte do exército israelí e que se recoñeza o dereito do pobo palestino a decidi-lo seu futuro.
Coa escusa da seguridade, o goberno israelí actúa impunemente co apoio dos USA e coa súa mesma filosofía de guerra preventiva contra o terrorismo, incluíndo nesa categoría á poboación civil palestina, coa demolición de casas ou cos bombardeos indiscriminados, así como cos "asasinatos selectivos" de sospeitosos en calquera lugar do mundo. Levan a cabo un réxime de auténtico apartheid, anexionándose territorios palestinos e construíndo colonias israelís nos mesmos, apropiándose de acuíferos, e deportando poboación.
A construción do muro deixa ó pobo palestino en mans do exército israelí, destrúe a súa estrutura económica, social e cultural e viola o dereito de todo un pobo a ter garantida a educación e a sanide. Fainos totalmente dependentes. Confina a poboación en auténticos cárceres colectivos, convertindo a todo palestino nun inimigo e nun sospeitoso de terrorista que non atopará máis que trabas para trapasa-lo muro.
Co muro, pretenden aumenta-la división e o odio entre o pobo israelí e o palestino. Canto menos contacto, máis incomprensión e máis fácil será demoniza-los palestinos e xustificar este auténtico xenocidio.
Fomentan a obsesión pola seguridade, aínda que na realidade as maiores atrocidades son as do terrorismo de estado israelí que ademais só serve para aumenta-la violencia e os ataques suicidas.
A actual política israelí fomenta a militarización e o fanatismo do estado de Israel, por iso tamén nos aliñamos cos movementos de resistencia pacífica isralís e palestinos que na súa loita e denuncia contra o muro sofren unha dura represión, o mesmo cos insubmisos do exécito israelí que se negan a actuar nos territorios palestinos.
De pouco lles vai servir ó pobo palestino, crer as mentiras da ONU, a UE e demais axentes internacionais da globalización capitalista, xa que a única paz que lles poden conseguir é a da derrota, a miseria e a substitución duns explotadores por outros.
O pobo palestino é o que debe buscar o seu propio camiño cara á liberdade, pero coma todos nós, só o atopará á marxe de exércitos, estados, e explotadores.
Espazo Aberto Antimilitar (CGT, Ateneo Libertario, Caleidoskopio, GAS)
Panfleto do Espazo Aberto Antimilitar para o acto do Sábado 16 a partir das 17:30 na rúa do Príncipe á altura do MARCO en Vigo convocado por: Espazo Aberto Antimilitar, C.S. A Revolta, C.S. Reviravolta, S.R.I., Asemblea Anti-imperialista.