A ODS-Coia e o G.A.S. sacamos unha tirada de cartaces que levan por título
"SE VENDE(N)" e co seguinte texto:
- Alcalde de Vigo que cobra ao 65.000€/ano máis extras.
- Presidente da Xunta que cobra 72.000€ anuais e declarou
ter un patrimonio de medio millón de euros.
(Falamos do que recoñecen claro, do que se levan en negro nunca saberemos
nada...)
A OFERTA está dirixida para beneficio: das especuladoras
urbanísticas, das empresas turísticas, das grandes multinacionais, de calquera
empresa que se beneficie das privatizacións dos servizos públicos, das
construtoras (“amigas”dos AVEs, das Humanizacións, dos Auditorios, das Cidades
de Xustiza e dos pelotazos en xeral) e especialmente para a Banca sempre e en
todo momento!
Pola contra as cargas sociais as sufrimos todas:
- Recortes en centos de millóns en sanidade, educación e
servizos sociais.
- 258.000 persoas paradas en Galiza, das cales 31.800 en
Vigo.
- 24.000 fogares sen ingresos en Galiza e 55.000 persoas
baixo o limiar da pobreza en Vigo.
- 5416 perceptoras de RISGA en Galiza que malviven cunha
media de 400€/mes.
Vigo, xaneiro 2012
ODS-Coia e GAS