14.7.12

Presentación de Alegacións da RNSV á Proposta de DEUP (Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios) do Porto de Vigo


A rede de colectivos de defensa ambiental, cultural e social A Ría Non Se Vende presentou o pasado luns, 9 de xullo de 2012 alegacións á proposta de DEUP da Autoridade Portuaria de Vigo, facendo constar o seguinte:

Sobre os valores e a fraxilidade da Ría de Vigo
As Rías Baixas galegas e, en particular, a Ría de Vigo, atópanse entre os ecosistemas mariños de meirande produtividade biolóxica do mundo. De aí o seu enorme valor como ben natural en si mesmo, e o seu valor económico como fonte de recursos naturais.

Porén, as Rías son extremadamente fráxiles ante as agresións ambientais, tales como os dragados e os aterramentos, que eliminan ou desprazan bancos pesqueiros, sepultan ou degradan bancos marisqueiros e lugares de cría e alevinaxe, alteran as correntes mariñas; menoscaban a achega de nutrintes da plataforma continental e alteran a súa distribución, contaminan os fondos mariños, reducen a renovación das augas da Ría e degradan todos os seus ecosistemas...

Enlace á nova completa