Co mes de xuño rematan os actos da campaña 2012 pola Obxección Fiscal
aos Gastos Militares que o Espazo Aberto Antimilitar en Galiza, e
moitos grupos no Estado, vimos desenvolvendo. Aínda tedes tempo para
facer a declaración da renda e con ela a OF, de facela por favor
achegádenos os datos que estamos a recoller xunto a outros grupos a
nivel estatal.
Para rematares convidamos a participar nun acto de peche de campaña
que imos facer o sábado 30 de xuño a partires das 19h00 diante do
Mercado do Calvario.
No acto haberá paneis informativos sobre: gasto militar - banca
armada - sahara - venta armas e recrearemos un campo minado un pouco
especial...
Agardamos a vosa participación!
A pasada fin de semana rematamos a campaña OF 2012 cun acto de rúa en fronte do mercado do Calvario.
No acto aproveitamos para informar a todos os viandante dos perigos e
da morte que causan as armas -neste caso minas- que pagamos todas cos
nosos impostos, cos cartos que temos nos bancos... Por esta razón
acotamos un espazo da rúa onde había restos de pernas, brazos, mans que
sairan voando pola acción dun campo minado. Ademais no acto instalamos
catro paneis sobre: banca armada, gasto militar, o conflito do Sahara e a
industria das armas.
Con este acto damos por finalizada a campaña pola OF 2012 aos gastos
militares, nos vos esquezades de achegarnos os datos das vosas OF, xa
que estamos a xuntar os datos para mandar a xente que os presenta a
nivel estatal.