9.10.12

Proxeccións de outubro na Cova dos Ratos

TODOS OS XOVES ÁS 20:30h PROXECCIÓNS
NO C.S.A “A COVA DOS RATOS”
R/Romil,3

18 DE OUTUBRO
END:CIV - Resist or Die [V.O.SE] (USA,2011)
O Grupo Axitación Social presenta "END:CIV" (a fin da civilización) dirixida por Franklin López, que examina a adicción á violencia sistemática e a explotación do medio ambiente, que domina ás culturas "civilizadas" occidentais.

Os temas que se abordan neste documental están baseados no libro “Endgame” do autor norteamericano anarcoprimitivista Derrick Jensen, onde se pregunta: "Se a túa terra fora invadida por extraterrestres que destrúen os bosques, envenenan a agua e o aire, e contaminan as colleitas, resistirías á ocupación?".

"END:CIV" mostra actos de resistencia dentro das comunidades que sofren a represión continua e a violencia do sistema actual. Ademais, analiza os mitos máis predominantes na esquerda  e examina cales son as tácticas que nos poderían levar a conquistar un  futuro mellor.

25 DE OUTUBRO
MACHUCA  (CHILE, 2004)
Escrita e dirixida por Andrés Wood e protagonizada por Matias Quer (Gonzalo Infante), Manuela Martelli (Silvana), Ariel Mateluna (Pedro Machuca), e Ernesto Malbrán (pai McEnroe).

Dous nenos de once anos viven en Santiago de Chile, Gonzálo Infante (Matias Quer) e Pedro Machuca (Ariel Mateluna) ambos viven nunha época moi convulsa (1973), o primeiro vive nun barrio acomodado e o segundo nun humilde poboado ilegal.
Os nenos coñécense ao asistir ao mesmo colexio relixioso a instancias do pai McEnroe, que por conviccións propias e a instacias gubernamentais (Salvador Allende) busca que pobres e ricos se integren e se eduquen sen distincións.
Xurde así a amizade entre os rapaces no contexto do enfrontamento social e as difrencias de clase.

http://bolezine.arkipelagos.net/