border="0"

11.10.12

Charla "Migracións: das Leis ás Persoas"

A xente do GAS organizamos o vindeiro venres 19 de outubro unha charla co título: "Migracións: das Leis ás Persoas".
A presentación do tema será a cargo das compas de "Raias Traveseiras" que falarán entre outras cousas da: Reforma Laboral, Decreto Sanitario, Lei de Estranxeiría, Directiva de Retorno, CIE´s...e como as persoas migrantes se levan a peor parte dunhas medidas que empeoran a vida de todas.

Ademais proxección da Curta "Redadas racistas en Madrid" de Edu León, David Fernández e Olmo Calvo.

Dará comezo ás 20h30 no CSA "A Cova dos Ratos" (r/Romil,3 - Vigo)