Os incumprimentos da legalilade vixente en materia de
relación laborais se regulan mediante un sistema de infraccións e
sancións. Tamén se inclúen neste eido aquelas condutas máis ou menos
graves que configuran a explotación laboral, así como algún dos síntomas
do traballo forzoso.
Falabamos nun artigo anterior, do sinxelo que resulta recoñecer a explotación laboral e, na súa vertente máis extrema o traballo forzoso.
Empezando pola primeira temos que destacar que a actual lexislación
laboral define con claridade as circunstancias que caracterizan as
situacións máis desigualitarias para a parte traballadora.
Segundo
a lei de infracións sociais, estas se agrupan segundo o seu eido,
distinguíndose:
- Infracións en materia de relacións laborais.
- Infracións en materia de prevención de riscos laborais.
- Infracións en materia de materia de emprego.
- Infracións en materia de Seguridade Social.
- Infracións en materia de movementos migratorios e traballo de extranxeiros.
- Infracións en materia de sociedades cooperativa.
Extraído
do blogue Traballo Digno, para ler íntegro o artigo ir a este enlace
.