Baixo o lema "Yo SI sanidad universal" unha serie de usuarias e traballadoras do Sistema Nacional de Saúde
(SNS) están organizando unha campaña de desobediencia civil fronte á
recente reforma sanitaria, recollida no Real Decreto-Lei 16/2012,
que supón a exclusión de centos de miles de persoas do dereito a
recibir atención sanitaria, o repago de medicamentos e de certas
prestacións sanitarias.
O modelo anterior era universal, é dicir, o acceso á sanidade
estaba garantido a toda la poboación sen excepcións. Agora, só as
persoas "aseguradas" poderán ter garantido o acceso a algunhas
prestacións "básicas".
Estas persoas están desenvolvendo liñas de acción para articular e visibilizar a obxección de conciencia das profesionais ao RD e para organizar,
soster e protexer a desobediencia civil de profesionais e usuarias
para manter a atención sanitaria.
Extraido da web da campaña: "Yo SI, sanidad universal"