9.6.14

Xornadas en Vigo 25 de Insubmisión


Achegamos o programa das xornadas “25 ANOS DE INSUBMISIÓN, 25 ANOS DESOBEDECENDO”.
# Xoves 5 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Proxección: 'Insumisión. 20 años desobedeciendo' - Documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo.
# Sábado 7 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Mesa redonda: 25 anos de insubmisión en Galiza - Coa presenza de insubmisos galegos.
# Sábado 14 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Palestra: A Desobediencia Civil contra o Estado e a Criminalización da Protesta - José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade da Coruña e antigo membro do MOC.
# Sábado 21 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Mesa redonda: Estratexias de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado, obxección fiscal - Con compañeiras/os do CSO Palavea, Rede Feminista Galega e Espazo Aberto Antimilitar.
# Sábado 28 de xuño, 20:30, A Revolta do Berbés (Rúa Real 12)
Palestra: Presente e perspectivas de futuro do antimilitarismo - Pablo San José do Grupo Antimilitarista Tortuga.
# Durante todo o mes de xuño. Do 3 ao 21 de xuño na Cova dos Ratos e do 23 ao 28 na Revolta.
Exposición sobre o movemento de insubmisión en Vigo, con materiais orixinais do MOC.