border="0"

9.6.14

9 e 13 xuño - Mesas de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00estaremos ás portas da delegación deFACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.
E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Agardamos polas vosas sinaturas!