22.1.14

A ILP pola Renda Básica está xa no congreso


E dentro de nada comezará a recollida de sinaturas, pero sobre todo unha andaina para reforzar e abrir máis posibilidades ao traballo feito dende hai anos. En Galiza pronto comezaremos a dar novas sobre este asunto.
Achegamos a crónica elaborada pola xente do Movemento Contra o Paro e a Precariedade, Renda Básica XA! do acto de entrega de onte no Congreso:
Onte 15 de Xaneiro de 2014, o Movemento Contra o Paro e a Precariedade presentou no Congreso dos Deputados a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica, que demanda como dereito social unha Renda para todas e todos os cidadáns do estado español que asegure unha vida digna. Esta iniciativa debe ser aprobada polo Congreso nun prazo de 15 días, a partir dos cales comezará a impresión dos pregos de papel para a recollida de firmas. Con esta iniciativa preténdese facer presión ao goberno estatal; unha ferramenta que permite un paso máis cara a unha equidade efectiva para todas as persoas.
Así, as firmas recolleranse en papel, para entregalas no congreso unha vez finalizado o prazo (9 meses con posible prórroga de tres meses máis). Aínda que se poden recoller firmas on-line a través do DNI electrónico, de momento o noso modo de actuación centrarase en recollelas en papel. Por iso non engadimos ningún enlace para recoller firmas.
O mínimo de firmas para presentar a iniciativa no Congreso son 500.000 para ser tomada en consideración polo lexislativo.
De momento, o traballo está na difusión da iniciativa, compartir e crear debate. Os medios están a arder xa coa noticia. Unha vez o congreso nos da aprobación, comezaremos coa difusión dos pregos e a recollida de firmas.
Na prensa: