27.10.13

Charla Miquel Amorós o luns 4 novembro en Vigo


"Nuclear a resistencia en torno ao problema enerxético, do comité Irradiés á MAT"

Miquel Amorós, responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro "Fisuras en el consenso" preséntanos esta antoloxía de textos do "Comité Irradiados do Mundo Unídevos" , enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa movilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalanas a enerxía xenerada nas centrais nucelares francesas .

"Na súa forma catastrófica, de Hiroshima a Chernobil, a enerxía nuclear é incompatíbel coa existencia biolóxica. Pero é na forma que din "pacífica", en funcionamento "normal", cando se amosa especialmente incompatíbel coa vida humana".

Pódese dicir máis alto pero non máis claro, esa era a marca da casa do Comité Irradiés nun tempo que pretendía verter luz sobre o sorprendente consenso acadado en Francia arredor da cuestión nuclear para asíabrir brecha e axitar conciencias.

Un terreo, o da teoría, pero tamén o da práctica, abondo fértil para dar debida resposta, en tempo e forma, aos máis variados desafíos. E de entre eles un, a MAT, que na actualidade ameaza con levar por diante todo canto atope ao seu paso nas comarcas do Gironés, Pla de l´Estany e Alt e Baix Empordá, baixo o pretexto da eficacia no transporte de enerxía a grandes distancias. 

O luns 4 de novembro teremos a oportunidade de achegarnos a estas dúas experiencias, non só dende o punto de vista da análise da ameaza nuclear, senón, sobre todo, da plena vixencia da loita antidesenvolmentista e da necesidade de acumulación das experiencias pasadas, tanto teóricas como prácticas, para armarnos de cara ás loitas presentes e futuras, tanto neste, como en calquera outro ámbito.

No Centro Social "A Cova dos Ratos" de Vigo ás 20:00h. r/Romil,3.

Organizan: Grupo Axitación Social e distribuidora Lapsus