15.10.13

Actividades polo Día Internacional Contra a Riqu€za


O 17 de outubro celebrase o Día Internacional Contra a Pobreza. As xentes da ODS-Coia, da comunidade cristiá do Cristo da Victoria e do G.A.S. non estabamos satisfeitas con esta proposta e por iso rebautizamos a data como: "Día Internacional Contra a Riqu€za".
Para celebralo convocamos unha serie de actos:
CHARLA: "A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social" a cargo da ODS-Coia. Sábado 19de outubro ás 18h00 nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9 - Coia).
CONCENTRACIÓN E ROLDA DE PRENSA: "Menos rollos, máis solucións". Presentaremos a ILP estatal por unha RENDA BÁSICA, ademais de esixir que ninguén quede sen axudas sociais por falta de orzamentos ou atrancos administrativos. Será o mércores 23 de outubro ás 11h30 na praza do Rei ás portas do Concello de Vigo.