2.3.13

Mesa Redonda: NA DEFENSA DAS PERSOAS, CONTRA A UNION EUROPEA DO CAPITAL!


Sábado 9 de marzo ás 19:30h. no CSA "A Cova dos Ratos" r/Romil,3 baixo

                                                       MESA REDONDA
Manolo Sáez (Baladre.) Falará da perda de dereitos que nos trouxo a UE coa súa política globalizadora e neoliberal e da historia das loitas contra ela no estado español.

Mari Fidalgo (Raias Traveseiras) Analizará as consecuencias das “medidas de austeridade” promovidas pola UE dende unha perspectiva de xénero.



Este acto se inxire nas actividades pormovidas polas convocatorias para a semana  do 11 ao 17 de marzo:que darán lugar a movilizacións en toda Europa, especialmente en Bruselas e no caso do estado español en Madrid,

"Nos últimos encontros internacionais de colectivos e movementos sociais traballouse na planificación de accións conxuntas que sirvan para promover a confluencia de loitas e, con isto, alcanzar un maior impacto. No encontro Firence 10+10, que tivo lugar o pasado mes de novembro e ao que asistiron máis de 3000 activistas de 300 plataformas e organizacións, acordouse a convocatoria dun Día de Acción Europeo coincidindo coa celebración do próximo Cumio da Unión Europea previsto para mediados de marzo en Bruxelas. 

Os recortes e privatizacións, a desregulación do mercado laboral, as axudas á banca, a privatización no pagamento da débeda ante calquera gasto social e, de maneira xeral, o fomento dunhas maiores desigualdades económicas e sociais son medidas e políticas que, baixo a escusa de crise, están impoñéndose no estado español e no resto de Europa. As institucións e marcos legais da Unión Europea foron construídos co apoio de todos os gobernos europeos para servir os intereses das grandes empresas e bancos, o que supón unha diminución de dereitos e liberdades da cidadanía europea. No vindeiro cumio da UE prevese a presentación de novos plans e pactos que redundan na perda de soberanía popular, a conivencia dos poderes políticos e económicos, as desigualdades e a opresión de persoas e pobos en favor do capital. 

Conscientes de que os centros de poder se moveron da escala estatal cara á internacional, e de que a loita común dos pobos europeos ten máis oportunidades de éxito que as loitas illadas, estanse trazando as bases para a mobilización cidadá arredor do rexeitamento dos tratados, pactos e institucións que rexen Europa baixo unha perspectiva internacionalista. Son lemas como “Contra a Europa das grandes corporacións e a banca!os que axudan a visualizar a conivencia dos poderes económico e político, poñendo o acento en que a opresión é algo sistémico e global, polo que a loita tamén ten que selo. "