6.3.13

Máis actividades en Vigo da Campaña Contra a U.E.

VENRES 15 MARZO ÁS 20:30h
PROXECCIÓNS no CSO “Xuntas” r/ do Carmen nº3:
-“Os negocios de Bruselas”. O documental desentraña a influenza que exercen os 2.500 lobbies das grandes multinacionais e poderes financeiros, concentrados arrededor do epicentro do poder político e económico, que é Bruselas.
-“Utopía no Horizonte”. Sobre a acampada de miles de persoas no 2011 na Praza Syntagma de Atenas, contra a austeridade imposta por europa e as corruptas élites económicas e políticas locais. 

SÁBADO 16 MARZO
ACTO DE RÚA ÁS 18:30h na rúa Príncipe diante do MARCO
CAMIÑANDO POLA “VÍA” DA  AUSTERIDADE, CARA AO POZO DA EURO-MISERIA ECONÓMICA, POLÍTICA E SOCIAL.

Dentro da Campaña (que diferentes colectivos e persoas levamos adiante): "NA DEFENSA DAS PERSOAS, CONTRA A UNION EUROPEA DO CAPITAL" .