border="0"

28.11.12

Usuarias e conductoras, a mesma loita (Folga en Vitrasa)


A loita contra as condicións, tanto laborais como de servizo, impostas por unha empresa privada que se está a beneficiar da explotación dun servizo imprescindible para a poboación.
 
Nunha cidade como a de Vigo, onde o automóbil privado é o núcleo central en torno ao que se vertebra o territorio, o transporte colectivo para moitas persoas non é só unha opción por un modelo de transporte máis respetuoso co entorno e o resto de usuarias do espazo viario, senón a única posibilidade de non quedar totalmente excluidas do acceso a servizos, bens, a unha vida social ou incluso ao mercado laboral ou, máis ben, ao intento de acceder a el.
 
O acceso ao transporte é polo tanto un dereito básico nesta sociedade actual como o é o acceso á auga potable, á enerxía ou á vivenda, dereitos a día de hoxe perdidos, como está a acontecer coa sanidade ou a educación, logo de deixarmos que o governo se autoerixise no seu único xestor para vendelos logo ao capital privado.

Capital-risco ademais no caso do transporte colectivo vigués, posto que Vitrasa, dentro do grupo AVANZA, foi mercada por no ano 2006 por Doughty Hanson, sociedade que opera nese escuro sector do xa por si opaco mundo das finanzas. Aínda así, o Concello de Vigo renovoulle unha vez máis a concesión do transporte vigués ata o ano 2019, cunhas condicións extremadamente vantaxosas. Así, mentres os directivos da Doughty Hanson veñen visitar os seus dominios en jet privado, nos continuamos a agardar unha hora por un autobús pagando a 1.24 euros a viaxe.

Pero a marxe de beneficios desta, como de calquera outra empresa, sabemos que non depende só de expremer ás “compradoras” do seu producto senón de explotar ás traballadoras e traballadores. Así, non só
temos un servizo extremadamente caro e claramente deficiente, especialemente para o rural vigués, senón que sabemos que éste está prestado por unhas persoas que teñen unha xornada de ata dez ou trece horas (e a permanancia tamén é traballo, porque non deixa de ser tempo da nosa vida a disposición da empresa), que é posible que leven sete días traballandoata ter un descanso ou ata quince meses sen que lle corresponda o turno de vacacións. E isto sen contar cun abuso escandaloso de horas extras que de suprimírense permitirían contratar a unhas trinta persoas máis. Unha situación preocupante para as/os viaxeiras/os.

As usuarias temos claro que o noso inimigo non é o/a condutor/a que ten que pasar a parada porque xa non cabe ninguén máis nun autobús que a empresa non reforza, ou chega tarde porque os tempos de moitas liñas son imposibles de cumplir, ao igual que conductoras e conductores deberían entender que non o son as/os usuarias/os que se queixan ou quenes procuran non pagar, ben porque non poden asumilo, ou porque simplemente se negan a que aquilo que debería ser un servizo sexa un negocio para uns poucos. O inimigo é o mesmo e común, o capital que nos explota a unhas e a outras e o governo que llo serve en bandeixa de prata.

Pero ademais disto, calquera loita por dereitos laborais é a loita de todas, e agora máis ca nunca. Cando as condicións de traballo se terán que pelexar empresa a empresa benefícianos a todas que estas sexan as mellores posibles no maior número delas. E non só no referente á remuneración da nosa forza de traballo, senón igualmente no relativo ás condicións nas que o facemos.

E apoiamos esta loita e esta folga porque despois de tantas manifestación e folgas en defensa do emprego a calquera prezo, esta é unha loita que cuestiona esa lóxica. Que recupera o dereito ao propio tempo, e en definitiva á propia vida como unha reivindicación léxitima e necesaria.
 
Polo dereito ao descanso para as/os traballadoras/es e a un transporte ao servizo da poboación.
Vigo, 29 de Novembro de 2012