border="0"

23.7.13

Agresións e detencións a compañeiras no escrache feminista no Ministerio de Sanidade

A policía carga en Madrid tras o escrache feminista fronte ao Ministerio de Sanidade, no cal participaban as compañeiras da Marcha dos 30 anos de baladre, e detén alo menos a un compañeiro de Málaga e agrede a varias persoas, entre elas a unha do noso colectivo á que lle abriron unha brecha na cabeza e tivo que ser hospitalizada, todo o noso apoio desde aquí ás compas,  non podemos aceptar que a violencia e a represión policial nos calen.

(se as protestas son pacíficas ou non pouco importa, cando a policía fai a súa aparición a violencia está presente sexa en forma de ameaza ou con toda a forza da que dispoñan).

Se tocan a unha nos tocan a todas!!



Vídeo da detención:
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=0xecAdP2rz8

Nota de baladre:
"Detenida una compañera de Baladre hoy en Madrid y una hospitalizada:

En la manifestación celebrada hoy  en Madrid convocada por colectivos feministas frente al Ministerio de Sanidad en protesta contra la nueva ley de reproducción asistida del gobierno del PP, hemos vuelto a sufrir en carne propia la violencia de las fuerzas de represión de la Policía Nacional, con la detención y fuerte agresión a un compañero de Baladre (Cristian S.T.) y varias compañeras más fuertemente golpeadas, en uno de los casos en el Hospital mientras se manifestaban. Exigimos la dimisión de la delegada del gobierno en Madrid, Cristina Cifuentes, por las reiteradas actuaciones violentas de los cuerpos policiales ante nuestras pacíficas manifestaciones.
No podemos seguir consintiendo que nuestros derechos se vean recortados mientras nos reprimen sin ninguna consecuencia. Agradecemos las muchas muestras de solidaridad y apoyo de todas las organizaciones sociales y sindicales de todo el Estado ante las lamentables y violentas agresiones sufridas por nuestras compañeras. Recordamos que llegamos hoy a Madrid dentro de la marcha que venimos celebrando a consecuencia de los treinta años de luchas y resistencias de la Coordinación Baladre que se está desarrollando desde Oporto a Cuenca, y que esta mañana llegaba a Madrid con una concentración frente al Ministerio de Justicia. Sabemos que nada es casual y que la única manera que conocen para callar nuestras voces es la represión. Pero no van a conseguir callarnos ni amedrentarnos, no vamos a consentir que ninguna agresión se quede sin respuesta. Si nos tocan a una, nos tocan a TODAS."
Comunicado de baladre trala liberación do detido:

"PUESTO EN LIBERTAD EL COMPAÑERO CRISTIAN Y DADO DE ALTA EL COMPAÑERO QUE ESTABA HOSPITALIZADO, TRAS LA BRUTAL INTERVENCIÓN POLICIAL DE AYER EN LA MANIFESTACIÓN CONTRA LA REFORMA DE LA LEY DE REPRODUCCIÓN ASISTIDA EN MADRID
Esta madrugada fue puesto en libertad el compañero Cristian de la coordinación Baladre (coordinación contra la precariedad, el empobrecimiento y la exclusión), detenido ayer, y trasladado a la comisaría de Moratalaz durante la manifestación contra la reforma de la ley de reproducción asistida, celebrada frente al Ministerio de Sanidad y Política Social en Madrid.
Se le acusa de resistencia a la autoridad y desorden público, aunque no se descarta que se le puedan imputar nuevos cargos por agresión a la autoridad, algo que excede a toda lógica teniendo en cuenta que se encontraba observando la actuación policial desde la acera, y tras intentar dialogar con un agente, fue detenido y trasladado por la fuerza y de manera violenta a los vehículos policiales.
Tras más de 13 horas de retención e interrogatorios en la propia comisaría, fue puesto en libertad sobre las tres de la madrugada de hoy, y ha sido necesario su traslado al Hospital Universitario de Getafe, ya que la agresión sufrida durante su detención le había dejado varias contusiones y traumatismos y no había recibido aún atención médica. Tras varias horas de hospitalización ha sido dado de alta. El informe clínico recoge contusiones provocadas por las porras en el muslo derecho, brazo izquierdo, y otras partes del cuerpo como se puede observar en la foto adjunta.
Por otra parte, el compañero Roi, que tenía una brecha en la cabeza provocada también por un porrazo, ha salido del hospital durante la madrugada, y se encuentra afectado por los golpes recibidos. En total han tenido que ponerle 7 puntos de sutura y se le ha aplicado tratamiento médico durante varios días. La herida se la provocó un agente cuando él intentaba, de manera pacífica y sin agredir a ninguno de ellos, evitar que golpearán a Cristian.
Nos reiteramos en nuestra petición de dimisión de la delegada del Gobierno en Madrid, Cristina Cifuentes, y del jefe del operativo de las Unidades de Intervención Policial que realizaron las cargas contra las manifestantes, por su violenta, desmesurada e injustificada respuesta ante las pacíficas reivindicaciones de nuestras compañeras. No podemos tolerar que se siga golpeando y reprimiendo salvajemente a las personas que salen a las calles a  exigir sus derechos pacíficamente ni que se siga criminalizando al movimiento social para acallar las voces de las que señalamos a este sistema capitalista como al culpable del sufrimiento de miles de personas, que aniquila el derecho a una vida digna.
Recordamos que las compañeras se encontraban en la manifestación como parte de la caravana-marcha que se viene celebrando durante esta semana por los 30 años de lucha de la coordinación Baladre, y que está pasando por varias ciudades del Estado tras haber salido de Lisboa (Portugal). Ayer por la mañana llegamos a Madrid y nos manifestamos frente al Ministerio de Justicia para protestar contra la reforma de la ley sobre la reproducción asistida. Sabemos que nada es casual, y que la única manera que tienen para callarnos es la represión. No conseguirán silenciar nuestras voces. ¡Si nos tocan a una, nos tocan a TODAS!"


10.7.13

Marcha para todas todo!! RBis e moito máis, 30 anos de baladre



17 de xullo en Porto (Portugal)



Xunto coas compañeiras do estado portugués e español, tentaremos descifrar toda a trama construída pola unión europea, os seus tratos criminais, as súas reformas laborais e recortes contra os dereitos sociais, os seus plans para as nosas vidas... Tamén analizaremos o pasado, presente e futuro das nosas coordinacións e loitas tanto dentro do noso territorio coma fora deles.


17:00 Concentração Jardim da Cordoaria e desfile até à Praça da República


18:30 Assembleia Popular "Politicas da U€ lutas e resistências! - Praça da República

21:00 Jantar Popular (Traz algo para partilhar) - Praça da República



Panfleto:



4.7.13

Crónica do acto de entrega das follas de denuncia social da campaña “Vivir dignamente é un dereito”


27 de xuño preto de 80 persoas convocadas pola Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e o Grupo de Axitación Social (GAS) nos achegamos ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia para entregar nos seus rexistros o centenar de follas de denuncia social que recollimos na campaña “Vivir dignamente é un dereito”, que ten como obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.
Tras uns meses cheos de actividades de denuncia e sensibilización en torno a esta campaña, esta mañá acudimos ao Concello e á Xunta para facer entrega das 100 primeiras solicitudes asinadas por persoas que decidiron dar o paso de expoñer a dramática realidade de insuficiencia de recursos económicos que están a padecer as súas familias e de esixir por escrito á Xunta e ao Concello unha Renda Básica que lles permita vivir con dignidade.
Baixo o lema "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marchamos dende o Concello ata a Xunta protexidos por paraugas e parasois, para lembrar aos políticos no poder a súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a ter os ingresos suficientes para cubrir as necesidades básicas.
Na Xunta atopamos atrancos á hora de entregar as follas de denuncia social, pois membros da Policía Nacional e a seguridade privada nos impediron o acceso ó vestíbulo do edificio da Xunta argumentando que só unha persoa podía acceder ao mesmo para entregar todas as solicitudes. Nós insistimos no noso dereito de acceder ao vestíbulo e agardar nel mentres un representante do colectivo entregaba as follas no rexistro, pero ante a negativa das forzas de seguridade, optamos por tentar entrar cada persoa a entregar unha das peticións de xeito individual. Aínda así continuaron a nos impedir a entrada ao edificio e só tras moito negociar conseguimos entrar aos poucos a facer entrega das solicitudes.
Achegamos o seguinte enlace algunhas imaxes do acto:
A nova do acto na Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

20.6.13

Acto de rúa en Vigo no Concello e na Xunta 27/06/2013 "Vivir dignamente é un Dereito"


O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.
Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...
Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.
Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saídaserá ás 11h30 dende o concello.
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.
Baixo lema: "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marcharemos dende o concello ata a Xunta protexidos por paraugas ou parasois, animamos a que os decoredes con lemas reivindicativos. Nós o martes 25 dende as 17h00 estaremos nos locais parroquiais do Cristo da Victoria (r/Baiona, 9) para facer un obradoiro de decoración en común.
Precisamos de vos para facer un acto co que escoiten que esiximos os nosos dereitos agora!

Vídeo da presentación en Vigo da Revista "O Golpe"


Vídeo de Galiza Contrainfo no que se pode revisitar a presentación que se fixo na Cova dos Ratos da revista O Golpe.
A presentación estivo organizada pola Distribuidora Lapsus, que ten un flamante blogue para achegarnos as novidades das editoriais alternativas e autoxestionarias.

12.6.13

Manifestación "Pobos unidos contra a Troika" do 1/06/2013

Vídeo de Galiza Contrainfo da mani contra a Troika Europea do 1 de xuño en Vigo. 

Nota de prensa das convocantes:
COMUNICADO DE PRENSA
1X: RESUMO DA XORNADA
POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA!!!

Distintas cidades galegas uníronse hoxe ás mobilizacións convocadas en Europa contra a inxustiza social e o recorte de dereitos propiciados polo actual sistema.

Hoxe, sábado 1 de xuño, tivo lugar en máis de dez países europeos (Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha mobilización cidadá desobediente e non violenta que xorde como protesta masiva ante a restrición de dereitos e liberdades públicasás que o actual sistema, coa troika (FMI, BCE e CE) en cabeza, está sometendo á cidadanía. Un sistema que o pobo europeo considera inxusto, abusivo, degradante, desigual e indigno A cidade de Vigo uniuse tamén a esta marcha que comezaba ás 12:00h. na Praza de España, para rematar ao redor das 13:30h. na céntrica Porta do Sol, onde foi lido un manifesto que chamaba á mobilización para facer fronte a un sistema que persegue a limitación dos dereitos da cidadanía e a restrición das liberdades,  e á procura de alternativas éticas, responsables e dignas

O actual sistema obriga á cidadanía a pagar os excesos e malas prácticas dunha elite económica e política que sae impune (e mesmo se beneficia) desta situación, mentres a maioría padece as consecuencias, que chegan en forma de recorte de dereitos, desmantelamento dos distintos mecanismos de solidariedade, altísimas taxas de desemprego, aumento dos impostos, retroceso nas condicións laborais dxs traballadorxs ou ataque e limitación  das liberdades, entre outras.

Neste contexto non hai máis opción que a toma de conciencia crítica que veña acompañada da adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo que promove a desigualdade e pretende despoxar á cidadanía da súa dignidade. Hoxe a cidadanía europea adoptou unha postura coherente coa ética individual e o compromiso social. Hoxe, a cidadanía europea declarouse antisistema

11.6.13

30/05 Acto na praza da Constitución para esixir o dereito a unha vida digna


Outra mesa de recollida das follas de denuncia social, outro acto máis na rúa para amosar que fronte á intemperie na que estamos a maioría, moitas somos quen de nós xuntar para mudar o estado das cousas.

Por todo isto e por máis razóns estabamos hoxe na praza da Constitución coa xente do IMÁN, coa PAH, coa xente de GAS e da parroquia do Cristo da Victoria e con moitas máis esixindo que temos dereito a vivir con dignidade e que a nosa riqueza se reparta en forma dunha Renda Básica.
O acto se desenvolveu entre as 11h00 e as 13h00 cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, coa que denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
Durante toda a mañá decenas de persoas se achegaron a interesarse pola iniciativa e a asinar estas follas de denuncia social. Seguiremos coa recollida para a finais do mes de xuño facer a entrega dos escritos, estade atentas xa que queremos que o acto de peche sexa multitudinario.