border="0"

13.1.16

Unha manifestación contra a 'ilegalización' de Causa Galiza percorrerá Compostela o 24 de xaneiro


Vídeo galizacontrainfo:


Extraído de Sermos Galiza:
O 30 de outubro un operativo policial ordenado pola Audiencia Nacional procedía á detención en varias localidades galegas de 9 militantes de Causa Galiza, que foron trasladados a Madrid para, após unha fin de semana nos calabozos da Garda Civil, pasar a disposición xudicial e ser postos en liberdade con cargos. A operación, denominada 'Jaro', deixaba tamén unha decisión sen parangón na historia recente de Galiza: a ilegalización de facto dunha organización política.
Para denunciar esta ilegalización e exixir o respecto aos “dereitos civís e políticos”, por volta dunha trintena de asociacións, entidades e organizacións apoian unha manifestación que vai decorrer o 24 de xaneiro en Compostela. Será a partir das 12:00 horas na Alameda e co lema “Polos dereitos civís e políticos para todas e todos. Non á ilegalización de organizacións políticas”.
"Salto cualitativo"
Este sábado o centro social A Gentalha do Pichel, en Compostela, acolleu un acto para informar da mobilización. Procesados na 'Operación Jaro' e representantes de diversas entidades compareceron para denunciar o que entenden que é un “salto cualitativo” por parte do Estado español, no que a Audiencia Nacional actúa contra o independentismo organizado politicamente e que actúa de forma pública e na legalidade. A Audiencia Nacional decidiu na 'Operación Jaro' a “suspensión cautelar” de Causa Galiza por tres anos, mais os procesados sinalan que iso é unha ilegalización de facto, a morte política e civil dunha organización.
Constátase, entre convocantes e axentes políticos e sociais que apoian a manifestación, preocupación pola involución que afirman que se está a dar no Estado español. Neste escenario entenden que é necesario como sociedade galega dar unha resposta e nesa dinámica enmárcase a manifestación do vindeiro 24 de xaneiro.
Quen apoia a manifestación?
As organizacións que apoian a mobilización son Afiadoras de Futebol Gaélico, Agir, Agora Galiza, A Riada do Tea, Associaçom Antifascista Jimmy Sempre con Nós, Associaçom Cultural Amigos da Cultura de Ponte Vedra, Associaçom Cultural Festival de Brétemas, Associaçomde Luita Livre Olímpica Alacrám Vermelho, Adega, Briga, Ceivar, Centro Social A Galheira, Centro Social A Gentalha do Pichel, Centro Social auto gestionário O Fresco, Centro Social Faísca, Centro Social Madia Leva, Centro Social Revolta, Colectivo Nacionalista de Marim, Comité de Solidariedade com os Presos e Presas Políticas, CIG, Fundaçom Artábria, Grupo de Axitación Social de Vigo, Movemento polos Dereitos Civís, Mulheres Nacionalistas Galegas, Partido Comunista do Povo Galego, Que volten para a casa!, Rede colectivos a Ría nom se Vende, Riazor Blues, Sociedade Deportiva e Cultural do Condado, Verdegaia, Xebra Associaçom e Xeira.