4.12.14

Non ao barco na rotonda de Coia 04/012/2014



Este xoves  comezaron as obras para instalar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos hoxe paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren chantar un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.


Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos...



NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER !!



Por decisión da asemblea celebrada está mañá na rotonda, decidiuse que pola tarde continuarán as protestas, paralizando as obras ata as 19 horas. Mañá volveremos dende as 8 da mañá ata as 19 horas, rematando a esta hora cunha gran concentración á que invitamos a toda a veciñanza de Coia e da cidade.




Coia, 4 de decembro de 2014



Asemblea veciñal contra a rotonda







Na Prensa:





Vídeos: