22.3.14

Todo o apoio ao CSOA Palavea da Coruña

De novo un espazo okupado en Galiza está a piques de ser desaloxado, nestas datas manteñen a resistencia alí e recentemente fixeron unhas xornadas:
O 20 de marzo sacaron este comunicado:
Dende a asemblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos agradecer a tod@s @s solidari@s que o pasado luns viñeron a resistir connosco a orde de desaloxo a súa cariñosa e disidente presenza xunto a nós. Pois foi tod@s xunt@s como conseguimos visibilizar a desesperada situación xudicial da okupa, cortando en reiteradas ocasións o tráfico da N-550 e obrigando a policía nacional e a garda civil a despregar tal desmesurado dispositivo que ata mobilizaron un helicóptero.

Non obstante semella que as intencións policiacas pasan por xogar ao xogo do desgaste, ignorando momentaneamente o mandato xudicial que os cominaba a actuar o pasado luns para realizar un desaloxo sorpresa cando menos o esperemos.

Dende a asemblea do C.S.O. continuaremos desobedecendo as leis e sentenzas lacaias dos intereses d@s ric@s e poderos@s e seguiremos resistindo por este e por todos os espazos liberados.

Atentos a próximas convocatorias, pois o noso desaloxo terá resposta nas rúas.

OKUPAMOS E RESISTIMOS!!!
CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, GUERRA SOCIAL!!!