"A aparente des-fronterización do mundo occidental baixo o impulso da globalización económica ten sido paralelo a un proceso de re-fronterización das sociedades tardo-capitalistas contra as migracións globais. Esta re-fronterización é parte dun amplo xiro punitivo na regulación da migración que emereu especialmente no contexto europeo desde mediados dos anos setenta do século pasado.
Por un lado, os inmigrantes non occidentais son sinalados polas políticas inmigratorias prohibicionistas, as cales contribúen de feito á reproducción do seu estatus de ilegalidade; por outro lado, o uso sistemático do encarcelamento (xunto a detención administrativa e a deportación) como a estratexia principal na actual guerra contra a inmigración non autorizada configura unha dinámica de hipercriminalización dos inmigrantes, cuxo resultado é a intensificación da súa marxinalidade socioeconómica e política en toda Europa. Seguindo o enfoque da criminoloxía materialista coñecido como economía política do castigo.
Este artigo suxire que estas estratexias punitivas deberían ser analizadas contra o sustrato dunha economía neoliberal cada vez máis flexíbel e desregulada. Neste contexto, a hipercriminalización das migracións contribúe á reproducción dunha forza de traballo vulnerábel cuxa inseguridade resulta adecuada para o segmentado mercado de traballo das economías post-fordistas..."