25/02/09

Charla en Vigo contra o TAV o sabado 28 de febreiro


A Ría Non se Vende invita a todo o mundo a aistir ás Xornadas Formativas que levan por título "O modelo de Transporte actual en tempos de Crise Global" e que comezan este sábado 28:

CHARLA:

POR QUÉ ESTAMOS CONTRA A ALTA VELOCIDADE?

A cargo dun membro da Asemblea Anti-TAV de Euskal Herría ( http://www.sindominio.net/ahtez/) e xente do GAS de Vigo.

Será o sábado 28 ás 19h na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo.

19/02/09

Colectivo THC (Temos Horta Comunitaria) : Ano cero, declaración de intencións

.


ANO CERO , DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS

-¿Qué somos?

Pois unha iniciativa autoxestionada de forma asamblearia e horizontal, na cal evitamos calqueira tipo de interés economico en torno a nosa actividade.

Simplemente tratamos de preservar un espazo natural xa acondicionado, dependendo das sementes das hortalizas que cultivemos e a rotacion dos cultivos, a nosa finalidade é crear e manter un ciclo de subsistencia da terra.

Así mesmo o único beneficio “material” que recibiremos serán os productos naturais da horta, que as integrantes recibirán para o seu consumo repartidos de forma igualitaria.
Os nosos cultivos serán ecoloxicos, cun sistema de permacultivo, ademais o espazo serviralle á xente que non teña coñecemento nestas artes de cultivo para aprender mediante o traballo diario na mesma, coa satisfacción engadida de poder levar a casa os productos cultivados, non se lle impedirá a ninguén participar no proxeto por falta de coñecemento das actividades do campo.

-¿Qué pretendemos?

Sendo conscientes da diversidade de iniciativas existentes dentro dos novos movementos sociais adicados ao consumo alimentario(cooperativas de consumo,comercio xusto, etc) en ningún momento entraremos no mercantilismo xa sexa comprando sementes ou vendendo o obtido trala recolleita, xamais veremos como excedentes unha boa colleita pois de aí se sacarán as sementes das seguintes colleitas para os vindeiros anos.

Sendo a maioría das integrantes criadas no rural vigués e cultivando dende pequenas
hortas familiares (de feito seguimos nelas), dispoñemos dos coñecementos e o espazo necesario para a creación dun taller permanente de cultivo ecoloxico.

Os campos atópanse no barrio de Beade, extrarradio Vigues, o cal é un dos mais castigados polo desenvolvemento da cidade (pola creación da cidade universitaria no parque forestal, dun parque tecnoloxico, prósimamente do hospital máis grande de Galiza, e todo isto acompañado dos viais creados para dar servizo a cada unha delas,etc).

Somos conscientes da necesidade dos servizos sociais xa mencionados (excluindo eso sí o parque tecnoloxico) pero denunciamos os modos e o espazo físico que requeriron para a súa construccion, por explicalo doutra forma, a ninguén se lle ocorrería ubicar ese macro Hospital en espazos naturais protexidos como as Illas Cíes ou as Ons, pois igualmente nós pensamos que a sociedade necesita conservar o rural vigués como parte da súa identidade agrícola e social.

Recuperar estes campos é a nosa forma de manifestarnos de maneira práctica fronte ao noso querido PXOM, que nega a existencia do rural e destrúe todo o terreo agrícola convertíndoo en solo urbano, industrial e dotacional.
“Tamén sacaremos aos poucos, material didatico sobre permacultura no blogue dos nosos queridos irmáns do GAS,(http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/).”

Xa que neste tempo no que todo se mercantiliza e se valora polo que custa en euros, nós consideramos fundamental a idea de compartir e perpetuar os coñecementos nacidos da terra, que non pertencen a ninguén en particular e pola contra pertencennos a todas.

.

14/02/09

Manifestación Galiza Non Se Vende : Domingo 15 de Febreiro en Compsotela



As persoas que berramos Galiza non se vende expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE


A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

http://galizanonsevende.org/

07/02/09

Crónica do boicot ao campionato de caza do raposo




O G.A.S xunto con outros colectivos (ADEGA, Amigos da Terra, Asturias Verde, ASCEL, Coto do Frade, Eucaliptos NON, Fundación Altarriba, LIBERA, Matar por matar NON, SOS Courel, Verdegaia) ven de participar no tercer boicot o “Campionato estatal de caza do raposo” celebrado nos concellos de Rodeiro, Agolada, Dozón, Vila de cruces, Lalín, e Silleda, e nestes tres últimos concellos xa se celebrara o campionato provincial so duas semanas antes, de todos xeitos este boicot considerado un pequeno exito dende os diferentes colectivos tanto ecologistas como animalistas, ben sexa por que o número de de raposos víctimas dos cazadores diminuiu ou que a pesares do mal tempo o número destas persoas participes deste boicot, segue constante.






O boicot consiste en acudir o monte xunto cos cazadores e acompañalos falando ou facendo un pouco de ruido, non demasiado, xa que o raposo ten grande agudeza auditiva. Debemos estar o carón do cazador e por camiños sempre visibles con petos fluorescentes, para que se sepa por onde andamos, a parte de ir en grupos non menores o de cazadores. Todo iso acompañado duna reportaxe gráfica, e de armarse de gran paciencia .

De todos xeitos non sera total, este pequeno éxito, ata que remate esta práctica que atenta contra a biodibersidade.

Así criticamos que o número de raposos nunca pode ser un exceso, nin que o seu número permanezca estabel por práctica supostamente responsabels por parte de cazadores, como dende certo sector pro caza nos queren facer crer, senon pola propia natureza que regula a cantidade de calqueira especie depredadora en función do alimento, por que o que fan é un ataque contra a biodiversidade do propio raposo que ve mermada a sua diversidade xenética.

Criticamos que as autoridades permitiran a realizazón destes campionatos (provinciais nacional e estatal) que incumpre a orde de vedas desta tempada que remataba o 6 de Xaneiro, sendo complice do negocio destes actos subencionados por parte de duas consellerias coma son a de Medio ambiente e desenvolvemento sostibel e a de Cultura e deportes, facendo desta masacre un negocio a uns co diñeiro público.

Por último pero non menos importante, queremos que os controis e licenzas de caza sexan controis efectivos e non meros trámites burocraticos, así coma o esiximos control sobre os cans utilizados para esta práctica, comprobando o emprego dos microchips, vaciñas, comprobando que as condicions do animal sean as aceptables, xa que despois de cada tempada son abandoados ou incluso sacrificados milleiros de cans de caza.

Grupo de Axitación Social