Rolda de prensa para valorar estas semanas de mobilizacións que conseguiron parar as obras que tiñan como fin acoller ao barco Bernardo Alfageme. Ademais informaremos de novas accións e do concerto que imos celebrar na propia rotonda a propia tarde do martes.
Posteriormente Recital de poemas e cancions da rotonda e de #Coia por Manolo Pipas e Luis O Caruncho na rotonda de castelao martes as 12 do medio día logo da rolda de prensa das 11.30.
Ás 13h. fíxose unha convocatoria de alertar á veciñanza pola concentración na rotonda de unidades policiais e obreiros.
Ás tres un despliegue inusitado de máis de corenta policías locais, escoltaron a entrada na rotonda dos obreiros e da pala excavadora, tras iso foi achegándose cada vez máis persoas contrarias ás obras, e ao longo da tarde con moitas tensións conseguiuse reocuopar a rotonda, paralizar as obras e que finalmente reirasen a pala excavadora.
A destacar que unha das persoas presentes (coñecida e moi querida nos movementos sociais da cidade), no discurrir da protesta sofreu un infarto e tivo que ser trasladada ao hospital.
E a partir das 19h fíxose o concerto na propia rotonda en apoio á loita veciñal: