Tras un luns co intento de expulsarnos da rotonda e retomar as obras e coa reacción da veciñanza recuperando a mesma, o resto da semana decorreu con máis tranquilidade, acumulando cansancio pero aguantando na loita, e soportando e respondendo a ofensiva do Alcalde na prensa tentando desprestixiar a toda a xente que se lle opón.
Houbo tempo para diversas actividades:
Decorar a Rotonda con novas faixas e facer asembleas todos os días.
Recoller firmas, en Coia e nos arredores de Balaidos no partido de liga do venres 19.
Editar e repartir panfletos e cartaces pola cidade:
Algunhas veciñas fixeron "oficial" a toma da rotonda izando a bandeira do
Pobo en resposta as ameazas do "pequeno emperador" que afirmou a
intencion de meter o barco na rotonda pase o que pase.
Manolo Pipas aproveita o tempo para facer as súas crónicas en verso:
13 Reflexións rotondianas
é certo que cada día
na rotonda somos máis
pero nós recoñecemos
que tarde fomos chegar
que as obras empezaran
foi a primeira derrota
logo entramos ao xogo
e son varias as victorias
a asamblea é aberta
de coia e quen se sume
nos temos a palabra
eles poñen o fume
achegate a rotonda
que temos campamento
outro mundo é posible
mudemos o concello
o cronista de coia
Outra xente opta por cantarlle a Caballero unha version galega dos Miserábeis
Tamén recbíronse escritos de apoio da xente de Gamonal e da Asemblea Contra a Especulación de Burgos.
E na prensa un pouco de todo: