Onte, 10 de decembro, tivo lugar unha manifestación no Aaiún con motivo da celebración do día dos DD.HH. e para denunciar o acordo pesqueiro con Marrocos aprobado polo Parlamento Europeo. Durante a manifestación, a intervención das forzas represoras marroquís deixou como resultado decenas de persoas feridas e a detención de sete integrantes do colectivo SaharAcciones. As detidas permaneceron retidas durante cinco horas nas que foron interrogadas e deixadas á súa sorte pola embaixada do Estado español, aliada do estado marroquí -estado silenciador do que lle está acontecendo ao pobo Saharauí-.
As activistas, tras ser liberadas da comisaría central do Aaiún, falaron coa representante do consulado, quen confirmou que podían quedarse coma turistas, mais que nin se preocupou polo estado das activistas nin pola forma das súas detencións.
Despois da posta en liberdade, as activistas pasaron a noite a cuberto, acollidas por xente do pobo saharauí, un pobo, o saharauí, esquecido e abandonado pola totalidade dos estados; mentres que eses estados non dubidan en precipitar a súa intervención“liberadora” cando os intereses das multinacionais vense “ameazados”. O que nos move e o que move a estas activistas é un simple desexo de liberdade para que os pobos poidan decidir e elixir os seus destinos.
Na prensa: