border="0"

15.4.11

Venres, 2 de novembro : Proxección Contra o TAV/AVE en Vigo [2007]

Presentación deste novo DVD feito para denunciar a desfeita da Alta Velocidade. "O AVE, de Barcelona a Galiza" Duración 25 min.+ Extras, o venres 2 de novembro ás 20:30 na Cova dos Ratos. Organizan: Grupo Axitación Social e Asociación Caleidoskopio.

"Os obxectos tecnolóxicos, como a miseria e a opresión, teñen unha cor política. Ao examinalos non debemos fixarnos na apariencia neutral dos seus resultados técnicos (a velocidade, neste caso), senón nas alteracións sociais, ambientais e políticas que provocan: en qué medida modifican o traballo ou a nosa vida cotiá?; como inciden no territorio, na cidade, nos barrios?; como cambian a nosa percepción da realidade e como inflúen nas nosas ideas ou no noso carácter?; que efectos teñen sobre a nosa saúde física e mental? …
En resumo, que gañamos ou perdemos cos artefactos tecnolóxicos? ou, mellor aínda, quen gaña e quen perde?
Calquera que for quen de plantexarse tales cuestións sen prexuízos obterá as respostas adecuadas."

Miquel Amorós.

Podes conseguir o DVD contactando con:

[ L a p s u S ]

distribuidora alternativa
materias dos movementos sociais

CSA "A Cova dos Ratos":
Romil 3 Baixo Vigo -Galiza
986 49 33 81
lapsus@sindominio.net