border="0"

11.11.15

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-CoiaGrupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.
Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.
Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?
Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.
MARTES 17. Lugo
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)

MÉRCORES 18. Compostela
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)

VENRES 20. Compostela
20h15 -Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

Máis información:

31.10.15

III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración, xunto a outros colectivos sociais, bota a andar a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras con actividades en diferentes localidades.
Nesta 3ª semana, que terá lugar entre o 2 e o 6 de Novembro, acolleremos a visita da compañeira Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, educadora social e activista no movemento en defensa dos dereitos das persoas migrantes. Ainhoa é unha das compañeiras que impulsa a iniciativa Tanquem els Cies(“pechemos os CIEs”) que denuncia a continua violación de dereitos que acubillan os Centros de Internamento para Estranxeiros.
As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran tamén coa Campaña estatal para o peche dos CIE, así como coas iniciativas que denuncian asdeportacións masivas de persoas migrantes apoiadas por Air Europa e Swift Air.
Ademais dos encontros con Ainhoa, durante esta semana, o Foro Galego de Inmigración presentará a Moción “Cidades libres de CIE” que pula por acabar coa persecución policial e redadas racistas ás persoas sen papeis, ademais de demandar o fin dos CIE no conxunto do territorio estatal.
Tamén haberá tempo para a reivindicación máis lúdica e outros moitos espazos de encontro onde facernos máis fortes fronte á discriminación racista e xenófoba que nos impoñen.
Tedes información completa sobre a semana no blogue:https://contraasfronteiras.wordpress.com
Aquí o programa de actividades:
A CORUÑA
- Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/ Mosteiro de Caaveiro, 4.
- Presentación da moción "A Coruña libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Igualdade e Diversidade.
- Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
- Charla, martes 3 de novembro ás 19:30h na Galería Sargadelos. R/ Rubalcava 30-32.
- Presentación da moción "Ferrol  libre de CIEs", martes  3 de novembro a partir das 12:00h no Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
- Charla, mércores  4 de novembro ás 20:00h na Librería Lila de Lilith. Rúa Travesa nº 7.
- Presentación da moción "Compostela  libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello con Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Benestar Social.
LUGO
Xoves día 5 de Novembro
- 11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega da Moción no Concello. Na Praza Maior.
- 17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con teatrillo. No Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 19:00 h: Cantares de Cego con Mini e Mero no Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 20:30 h: Charla: Stop Deportacións. (Randi Montero, Colectivo Sem Papeis). No Centro Social Madia Leva (Serra Ancares nº 18).
VIGO
Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con GAS e ODS.
O texto da moción "Cidades libres de CIE´s.

19.9.15

Os cartos das empresas "amigas" para necesidades sociais (18/09/15))



Esta mañá ao redor de corenta persoas participamos no acto que levaba por título: "Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros". Na cidade fermosa para as empresas amigas do goberno municipal a nós tócannos as migallas.
 
Moi preto da entrada do aparacadoiro están as dependencias dos servizos sociais municipais. Eses que están colapsados e que "non teñen cartos" para cubrir necesidades tan básicas como luz, auga ou vivenda. O cheque social xa superou o prazo máximo de resolución e as previsións son que poden estar resoltas para outubro. Iso si, para facer negocios de dubidosa legalidade con empresas amigas aparecen os cartos que nunca hai para nós.
Ante isto, hoxe non podiamos facer máis que darlle un novo uso ás prazas do aparcadoiro de Castelao. Alí montamos unha vivenda precaria, posto que os cartos que se nos negan van para estas prazas que nin os carros empregan. Sacos de durmir e un mantel con pratos e vasos serviron pou un anaco de acubillo.

Para pechar o acto saímos ao exterior onde dimos lectura do seguinte manifesto:
Para contextualizar o evento que nos trae hoxe aquí – isto é, o feito de o Concello regalar máis de seis millóns de euros a unha empresa privada en creba técnica‒ imos ler uns extractos dun texto máis extenso e prolixo de Óscar Lomba titulado “Aparcadoiros improdutivos, concesións erróneas e sociedades pantalla”.

En xaneiro do 2015 o xulgado declarou en concurso voluntario de acredores a mercantil COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A., sociedade pantalla ou instrumental creada por PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A., para xestionar a concesión de servizo público de aparcadoiros nas rúas Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e avenida Castelao, que foi adxudicada por acordo da Xunta de Goberno Local o 21 de maio de 2007.
O Concello en vez de proceder á rescisión do contrato que, de acordo á Lei de contratos das administracións públicas, sería o máis beneficioso para preservar o interese xeral, xustifica mediante informes do interventor municipal e dunha consultora externa “Seixas Consultora S.L.” (que non ten experiencia previa neste tipo de avaliación), a modificación da concesión que reequilibrase a economía do contrato.

Así xorde o acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xuño deste ano, que por medo a unha demanda do banco Popular (que se arriscou alegremente a prestarlle 11 millóns a unha empresa cun capital de 60.000 euros), pretenden regalar máis de 6 millóns de euros beneficiando os intereses privados dunha empresa en concurso de acredores, creada por outra Sociedade Anónima para eludir responsabilidades patrimoniais, e que é a que tería que facer fronte e responder pola nefasta xestión que se realizou durante estes oito anos, e non socializar agora as perdas nos petos de todas as viguesas.

Porén, xa en outubro de 2014, houbo unha sentenza que rexeitaba as reclamacións da empresa, porque quería que se garantisen os seus beneficios, pero quedaba claro que foron factores externos á Administración municipal, como a crise inmobiliaria e o feito de que a zona de Rosalía de Castro xa estaba catalogada no PXOM como zona de valor arqueolóxico de aí que aparecesen restos durante as obras e tivesen que modificar o proxecto.

Caballero realizou unha xestión nefasta desde o ano 2008 ‒estaba claro que estes aparcadoiros non ían ser viábeis economicamente‒ e, por razóns electoralistas, foi agochando e arrastrando o problema en vez de anular a concesión e convocar un novo concurso público con transparencia e novos condicionantes. Preferiu actuar de mala fe agochando todo até pasadas as eleccións, encargando estudos á carta a unha consultora para xustificar unha mala solución para os intereses públicos e para a facenda do Concello de Vigo.

Vemos así como os cartos que nunca aparecen para necesidades sociais son regalados a empresas privadas co fin de que estas manteñan os seus negocios.
Estamos cansas das súas políticas. Estamos fartas de esmolas, mentres ollamos como os poderosos enchen os seus petos.

Queremos xustiza social! Vivir dignamente é un dereito!
Coia, 18 de setembro de 2015
ODS-Coia e G.A.S.
--

11.9.15

18/09 – Acto: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o venres 18 de setembro un acto baixo o lema: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30
 
Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.
A Xunta de Goberno Local do 25/06/2015 aprobou unha “compensación económica” a favor de empresa adxudicataria da concesión dos aparcadoiros, “Cocheras Olívicas de Puentes S.A.”, presuntamente para manter o equilibrio económico da concesión, e que supón o pago de 1.600.000 anuais a aboar entre os anos 2016 e 2019.

Parécenos intolerable que un Concello cun departamento de Benestar Social colapsado por falla de persoal, que non atende as necesidades máis básicas das persoas, que restrinxe as axudas económicas cada vez máis, e que regatea cos cartos públicos nas situacións de precariedade e pobreza, destine semellante cantidade de cartos para “rescatar” a unha empresa.

A mercantilización dos espazos públicos, a xestión empresarial dos concellos facendo de promotores de negocios ruinosos (disfrazados de aparcadoiros públicos), traen como consecuencia que se deban cartos e favores as empresas, mentres a cidadanía é a que sofre e acaba pagando débedas “ilexítimas”. Neste caso iniciadas con Porro e aplaudidas por Caballero, a nefasta xestión deste Concello, fai que mentres que ás veciñas se nos obriga a agardar meses por unha axuda de emerxencia social, unha empresa privada vaia recibir máis de 16 veces o presuposto municipal anual para ese tipo de axudas.


9.8.15

Biblioteca Social GAS



Ademais da biblio virtual que podedes empregar neste blogue, de cara a ter un punto “físico” de difusión de materiais, información e autoformación contra o capitalismo e todo tipo de opresións que sofremos, ocorreusenos facer unha biblioteca aberta á xente dos movementos sociais vigueses onde compartir libros, fanzines, revistas e demais materiais.
 
Ímola aloxar nun baixo que denominamos DEPÓSITO 67 (na rúa Gregorio Espino, 67) e que empregamos para diferentes funcións.
 
Partimos cun pequeno fondo de materiais que tiña o GAS, así como xente próxima que os cedeu ou prestou, a biblioteca está aberta sempre a novas doazóns de materiais.

Hai materiais que por diferentes razóns non se poden prestar pero poden consultarse no local, como o arquivo do movemento antimilitarista vigués, basicamente do MOCG.

O fondo de libros é diferente ao que temos na biblioteca virtual, pódese consultar o que hai neste enlace que iremos acutalizando unha vez ao més http://1drv.ms/1IQztbp.

O noso interese é ter sobre todo materiais que vaian desde o que se denomina libertario, de esquerdas, ecoloxistas, antidesarrollistas, antimilitaristas, queer, sobre xénero, etc. Aínda que temos tamén algo de literatua, historia etc.

Cómo imos funcionar:
A idea é que calqueira persoa contraria a este sistema poida facerse socia da biblioteca.

Os materiais préstanse durante un més, despois hai que devolvelos intactos, e se fai falla renóvase o préstamo outro més.

Quen queira participar pode contactar neste correo electrónico gasdevigo@gmail.com

13.7.15

Caravana-marcha Baladre 2015 do 19 ao 24 de xullo


Ao igual que o ano pasado este ano volvemos ás estradas. Se ben a pasada marcha percorreu terras do norte peninsular, este ano será o sur o elixido para a marcha. De Écija a Almería en seis días, debatindo, convivindo, charlando, reflexionando, denunciando, etc... sobre os máis diversos temas sempre cos pes na terra, nas aldeas, no barrios... Vémonos nas Marchas!!!!!!

Máis información neste enlace:

Acampada contra o Fracking do 13 ao 19 de xullo Gasteiz


Versión PDF do programa da FRACKANPADA 2015 está disponible neste enlace: PROGRAMA

Apresentação

O que é?

A Frackanpada é um acampamento de protesto internacional contra o fracking que irá ter lugar este verão na Euskal Herria (País Basco).

Quem organiza?

A Frackanpada é organizada pelo movimento anti fracking na Euskal Herria (Fracking EZ) que trabalha com o apoio de uma equipa de pessoas dedicadas de diferentes países europeus.
Quando será?

A data escolhida é de 13 a 19 de Julho.

Onde será?

O acampamento será em Subijana de Alava, uma pequena localidade do município de Vitoria-Gasteiz. O local escolhido tem uma forte importância simbólica, porque é o local onde a indústria pretende utilizar a técnica de fracking pela primeira vez na Euskal Herria. A Frackanpada tem o apoio dos habitantes da localidade, que nos permitiram acampar nas suas terras.

Quais são os principais objetivos da Frackanpada?

Existem vários objectivos. O primeiro é juntar pessoas activas contra o fracking e aqueles que pretendam se juntar á luta de diferentes locais, para partilhar experiências e trocar conhecimentos. Pretende ser um encontro entre as lutas contra o fracking e outras lutas relacionadas com a defesa da terra e outras, como contra a austeridade e por uma sociedade sustentável… A Frackanpada quer pôr em prática outras maneiras de organização e de olhar para as coisas, por outras palavras, para nos relacionarmos uns com os outros como iguais, apoiando-nos mutuamente e defender o ambiente. O acampamento será um local para conhecer, aprender e relaxar, mas também um local para se propor acções para expor o problema do fracking, mostrando aos perfuradores que não será fácil se eles vierem para destruir os nossos bens comuns.

WEB da Frackampada 2015: http://frackanpada.frackingez.org/