A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración. Lonxe de velar polos dereitos de todas o goberno municipal é responsable de estarmos nesta situación. David Regades concelleiro responsable cala, mentres a concellería de Políticas Sociais de Isaura Abelairas exclue o pagamento de facturas de auga na recén saída convocatoria do cheque social.
Ante esta situación, a ODS de Coia colaborou con Galiza Contrainfo para facer un video no que falan afectadas polos cortes de auga en Vigo e na que escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestionan o servizo de abastecemento e saneamento na cidade.
Nesta peza escoitaremos outras voces, visualizaremos o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos saen gratis xa que os paga Aqualia do mesmo xeito que se encargou e se encarga de humanizar diferentes rúas da cidade. E mentres isto acontece non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden facer cargos o pagamento das facturas.