Desde o GAS de Vigo, sumámonos a esta Campaña que en Galiza coordina o Foro Galego da Inmigración
As persoas e organizacións que formamos parte da Campaña Estatal polo Peche dos CIE dirixímonos a vostedes para solicitar a vosa adhesión á iniciativa coa que pretendemos por fin ás deportacións forzadas de inmigrantes desde o Estado español cara a países africanos, latinoamericanos, asiáticos e do Leste de Europa.
Quen somos?
A Campaña Estatal polo Peche dos CIE é unha coordinación de colectivos antirracistas e de loita contra as fronteiras. Desde fai anos vimos loitando polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros e denunciando a persecución, a represión e as deportacións forzadas ás que se ve sometida a poboación inmigrante no Estado español.
Seguramente coñeceredes a existencia dos CIE, estas cárceres encubertas onde as persoas inmigrantes son encerradas ata sesenta días por non ter papeis: aproximadamente a metade son deportadas aos seus países de orixe, mentres que para a outra metade o internamento é un castigo en si mesmo.
Desde a miña cidade se deporta?
Tódolos anos o Ministerio do Interior expulsa a miles de inmigrantes mediante avións de deportación: amplísimo dispositivo policial, que dobran ao número de persoas expulsadas, actúan con impunidade e violencia, amparados nun Protocolo para as Repatriacións literalmente brutal. As inmobilizacións humillantes son só o paso previo aos golpes e tundas, mentres o uso de sedantes pode ser autorizado polo persoal médico encaixado no operativo policial.
No último ano, desde España fretáronse 134 voos de deportación, exclusivamente dedicados a estas expulsións colectivas. Para enchelos, o Ministerio do Interior organiza redadas racistas, convertidas en verdadeiras cazas por nacionalidade. Non só se atrapa a persoas polas rúas, senón que a policía os fustriga nos seus propios domicilios. As capturas de inmigrantes sucédense nas semanas e días previos ao voo. A veces o traslado final ao aeroporto prodúcese desde os Centros de Internamento; mais outras moitas veces son detidas nas 72 horas previas ao voo, polo que se as levan ao avión directamente desde os calabozos policiais, nas chamadas Deportacións Express.
Os reponsables e os seus intereses
Durante anos, estas deportacións leváronse a cabo a través de diversas compañías aéreas. Desde o ano 2013, o Ministerio del Interior firmou contratos monopolistas con dúas compañías, Swift Air e Air Europa, polo que estas recibirán, ata 2016, uns 36 millóns de euros polo noxento negocio das deportacións.
Isto é exactamente o que se embolsa Air Europa de diñeiro público por levarse á forza a miles de persoas tódolos anos nestes macabros voos de deportación:
10.500 euros por hora de voo en avións de menos de 120 prazas
17.000 euros por hora de voo en avións de 120 a 200 prazas
22.000 euros por hora de voo en avións de máis de 200 prazas
Air Europa forma parte do grupo Globalia. Precisamente en datas próximas ao seu primeiro contrato para as deportacións, Abel Matutes, exministro de Aznar, comprou o 5% da compañía. Juan José Hidalgo é o máximo accionista. Agradecido con este conglomerado empresarial que lle fai o traballo sucio, o goberno aprobou outros contratos con Air Europa por centos de millóns de euros.
Nos avións comerciais
Por outra banda, seguen sucedéndose deportacións en voos comerciais, neste caso poden producirse con calquera compañía. Trátase de aproveitar un traxecto nun voo regular para introducir nel a unha persoa –ou un grupo moi reducido delas– fortemente escoltada, e realizar pola forza a súa deportación.
Nestes casos, a policía soe tratar de evitar que o resto da pasaxe sexa consciente de que no mesmo avión se está realizando unha expulsión. Solen introducir á persoa pola escaleira de atrás, colócana na parte traseira separada do resto da pasaxe e exercen a violencia sobre ela, incluso amordazándoa, para evitar que se saiba o que está sucedendo.
Osamuyi Aikpitanyi, de nacionalidade nixeriana, morreu asfixiado nunha destas deportacións no año 2007.
Que podemos facer?
Para frea-las deportacións, existe unha campaña de boicot a Air Europa, Swift Air e todo o Grupo Globalia. Estas son algunhas das maneiras de que o voso colectivo poida adherirse á mesma:
● Non viaxar en Air Europa nin Swift Air, nin con Halcón Viajes, Viajes Ecuador, Latitudes, Iberrail, Touring Club ni Travelplan, así como no aloxarse nos Hoteis Be Live.
● Facer público o voso boicot a estas empresas. Se nos escribides ao noso correo electrónico, encargarémonos de servir de altofalante da vosa decisión.
● Organizar charlas u outras actividades e difundir material da campaña. Podedes escribirnos a esta dirección de correo electrónico se queredes recibir por correo postal adhesivos, panfletos, etc., así como para concertar charlas e debates sobre o asunto.
● Sumarvos a convocatorias ou realizar pola vosa conta actos de protesta tanto nas oficinas de Air Europa e Swift Air como nas oficinas das outras empresas implicadas (por exemplo fronte ás axencias de viaxes Ecuador e Halcón).
● Se viaxas en avión e asistes a unha tentativa de deportación, podes negarte a viaxar nun voo no que se levan a alguén pola forza: fala co resto da pasaxe, protesta á tripulación, non te sentes ata que saquen do avión á persoa á que pretendían expulsar.
Un cordial saúdo e grazas pola vosa atención