border="0"

18.9.14

Rexeitamento á instalación de Monsanto en Malvinas Arxentinas (Provincia de Córdoba)

"Estimados y estimadas,
Nos dirigimos a ustedes para solicitarles su adhesión a un documento en rechazo a la instalación de la multinacional Monsanto en la localidad de Malvinas Argentinas, Córdoba, Argentina. Es de gran importancia para las organizaciones y asambleas que vienen resistiendo la radicación de esta planta de semillas transgénicas recibir el apoyo internacional de organizaciones y referentes en esta instancia, cuando se cumple un año del acampe que ha impedido finalizar la construcción. El documento será difundido el día 19 de septiembre en el evento Primavera Sin Monsanto, por lo que les solicitamos que envíen sus adhesiones hasta el día 18 de septiembre. Les enviamos el documento en archivo adjunto.
Para adherir a este documento pueden enviar un mail a la dirección solazulcalvino@gmail.com con asunto “Adhesión” indicando el nombre completo de la organización o institución que adhiere y, en el caso de personalidades, el nombre completo, cargo y/o profesión.

Se agradece asimismo su difusión.
Muchas gracias desde ya por su apoyo.
Saludos

Acampe en Malvinas
Madres de Ituzaingó"


Documento de rexeitamento á instalación de Monsanto en Malvinas Arxentinas.

A transnacional Monsanto, que controla máis do 80% por cento do mercado mundial dos transxénicos, pretende construír unha das plantas de sementes de millo transxénico máis grandes do mundo na localidade de Malvinas Arxentinas, na provincia de Córdoba, Arxentina. As consecuencias sanitarias, ambientais e sociais que esta planta provocaría foron alertadas por numerosos estudos, institucións, científicas e investigadoras e o seu funcionamento non só afectaría a poboación de Malvinas Arxentinas senón que tería repercusións de ámbito nacional e internacional.

Os efectos directos que a planta de Monsanto xeraría en Malvinas Arxentinas debido ao uso de grandes cantidades de substancias tóxicas para o procesamento de sementes de millo, súmanse aqueles que provocaría mediante a expansión dos cultivos transxénicos e a aplicación de agrotóxicos, xa que o funcionamento da planta permitiría duplicar a cantidade de hectáreas cultivadas con millo transxénico na Arxentina. No país, ano tras ano vólvense máis evidentes os efectos contaminantes e destrutivos que está xerando este modelo produtivo: á contaminación, á perda de biodiversidade e aos crecentes desmontes que sofre o ambiente temos que sumar os impactos na saúde mediante casos de cancro, malformacións, abortos espontáneos e danos xenéticos sufridos polas poboacións expostas ás fumigacións. Desde un punto de vista socioeconómico, a expansión destes cultivos está provocando o despoboamento do campo, a concentración da terra, a destrución dos bens comúns, a acentuación da desigualdade e a perda de soberanía alimentaria do pobo arxentino.

O proxecto de Monsanto tamén tería repercusións no ámbito mundial. Gran parte dos cultivos de millo transxénicos que a planta de Malvinas Arxentinas pretende expandir en territorio arxentino serían utilizados para agrocombustíbeis, a través da produción de etanol para ser exportado a países do primeiro mundo, o que implicaría reducir aínda máis a superficie do planeta destinada á produción de alimentos, co consecuente aumento do seu prezo. Outro tanto sería exportado para a alimentación de gando, fundamentalmente á China e á Unión Europea, ignorando os crecentes reclamos da poboación a favor dunha alimentación libre de transxénicos pola súas consecuencias na saúde.

Por todo isto, manifestamos o noso apoio á loita que dende hai dous anos ten lugar no lugar de Córdoba e de Arxentina para impedir a instalación de Monsanto en Malvinas Arxentinas e exhortamos os gobernos nacionais, provinciais e municipais a tomar medidas urxentes para prohibir definitivamente a construción da planta desta multinacional.