border="0"

29.1.14

06/02/2014: Acto de entrega e concentración polo mal funcionamento dos servizos sociais municipais


Volvemos e volveremos ao concello -e a onde sexa necesario- para defender os nosos dereitos, que a través da concellaría que dirixe Isaura Abelairas, négase a recoñecer aqueles máis básicos. A razón é a indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos aos servizos sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM ), que son aquelas destinadas a sufragar necesidades sociais tan elementais como: vivenda, alimentación, vestimenta…
Cansas de que non escoiten, decidimos facer unha entrega colectiva e pública dun escrito dirixido a: Valedor do Cidadán, Valedor do Pobo e Defensor del Pueblo no que lles solicitamos que poñan fin ao funcionamento arbitrario e inxusto dos servizos sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais.
Por estas razóns a ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos unha CONCENTRACIÓN o XOVES 6 de febreiro ás 11h30 no CONCELLO (Praza do Rei), para logo entrar xuntas no rexistro e facer ENTREGA do ESCRITO de DENUNCIA.