As tres compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino comezaron a
palestra cunhas breves pinceladas sobre a política da Unión Europea en
relación á inmigración: fonteriras físicas e invisibles, suposta axuda
ao desenvolvemento que se traduce en fronteiras situadas nos países do
"terceiro mundo", etc.
A continuación faláronnos da campaña polo peche dos CIEs,
na que xunto a outros colectivos traballa Ferrocarrril Clandestino.
Ademais das actividades que se levan a cabo dentro da campaña
achegáronnos a realidade do funcionamento dos CIEs e da política de
expulsións do estado español.
Finalmente, presentaron outra das liñas de actuación do colectivo: a
súa participación na campaña "yo sí, sanidad universal" da que podedes
coñecer un pouco máis neste enlace: yosisanidaduniversal.net
Unha vez rematada a súa presentación houbo tempo para o intercambio de opinións e as preguntas por parte das/os asistentes.
Posto que a palestra foi gravada por GzContrainfo,
poñemos o enlace para que as que non
puidestes asistir poidades igualmente coñecer un pouco máis sobre o
Ferrocarril Clandestino, pero sobre todo sobre o seu ámbito de traballo;
a realidade da inmigración no estado español, un mundo que para a
maioría de nos resulta invisible.