Texto das compas da ODS-Coia:
Hai uns días fixéronnos saber que o artigo: “Consellos prácticos á hora de entrevistarte coa traballadora social”,
publicado na nosa web no mes de marzo, provocou numerosas reaccións
negativas dentro do grupo de traballadoras sociais de atención primaria
do Concello de Vigo. Nese texto exponse a estratexia a seguir á hora de
abordar unha entrevista coa traballadora social -segundo as propostas de
Berri-Otxoak- que a ODS-Coia tamén subscribía e asumía.
Para a ODS-Coia este asunto serviu para volver a pensar que postura tomamos fronte a un “modelo de producir y de vivir que nos ahoga”. Por iso refrendamos as palabras das xentes de Alambique: “no nos sirven ni las excusas ni las ayudas de miseria. En Asturies (tamén en Galiza) hay riqueza suficiente para todas. Es una cuestión de redistribución y justicia social.”
Por iso queremos aproveitar estas reaccións para abrir o debate sobre
o papel que poden xogar os profesionais do social. Parafraseando a Raúl
Zibechi estes profesionais dende a súa posición de bisagra poden
afondar a dependencia ou promover a emancipación das persoas fronte ao
sistema.
Dito isto, pensando nunha persoa que fóra a solicitar a RISGA, queremos achegar varios datos que completan este consello:
“Compórtate con corrección y
dignidad. Exponle objetivamente tu situación de falta de recursos pero
no entres en detalles íntimos. A la trabajadora social no le interesa si
tienes novio/a, y si te pregunta córtala. Ten en cuenta que si sospecha
que tienes pareja (aunque no estéis registrados, ni muchos menos
casado/a) tendrá en cuenta los ingresos de ambos. Y aunque ninguno de
los dos tenga ingresos, lo que podrían ser dos Rentas Básicas separadas,
se convierten en una, con una persona a cargo y la cuantía total sería
menor.”
A este respecto, o ordenamento xurídico vixente en relación á RISGA (Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social no artigo 10) di sobre as unidades de convivencia:
1. Unicamente se concederá unha renda de integración social de Galicia por unidade de convivencia independente.
2. Para os efectos previstos nesta
lei, considerase unidade de convivencia independente as persoas que
vivan soas, e, se é o caso, o conxunto de persoas que convivan no mesmo
marco físico e se atopen vinculadas co solicitante por matrimonio ou
calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por
adopción ou acollemento ou por parentesco de consaguinidade ou afinidade
ata cuarto e segundo grao respectivamente.
3. Malia o anterior, cando nunha
unidade de convivencia existan persoas con menores ó seu cargo,
considerarase que constitúen unha unidade de convivencia independente.
4. A unidade de convivencia
independente beneficiaria non perderá esta condición cando por causa de
forza maior, accidente ou desafiuzamento se vexa obrigada a residir con
outra.
5. Regulamentariamente determinaranse
os supostos do marco físico de residencia colectiva que poidan ser
considerados unidade de convivencia independente para os efectos deste
artigo.
Co fin de enriquecer o debate, dende a ODS-Coia pensamos que podería
ser interesante contar coa opinión de profesionais relacionados coa
cuestión. Deste xeito, a avogada Esther Lora apunta:
Que a “expresión relación análoga a la conyugal
hace referencia a parejas de hecho inscritas en el Registro de la Xunta
(que es el único que tiene efectos administrativos vinculantes). Eso
exigen para cobro de pensiones, seguros, herencias…”
Tamén di que “el problema es que,
cuando se trata de expedientes en el que se reconocen derechos o se
hacen pagos, la interpretación de la Administración cambia, y se
entiende por unidad familiar todas las personas que viven en un mismo
domicilio con independencia de cuánto tiempo lleven, etc.”
“Si el propio interesado reconoce ese
hecho, lo dan por probado. Si están empadronados en el mismo domicilio,
también lo consideran unidad familiar a efectos de cómputo de
ingresos.”
“Con la redacción de la ley en la
mano, cualquiera de las dos opciones es admisible, por lo que, hasta que
nadie lo lleve delante de un juez para unificar criterios, no hay mucho
qué hacer.”
“Legalmente está claro que lo
procedente sería exigir una unión estable de pareja registrada, que es
la única forma legal de comprobar que se cumplen los requisitos.”
“El Decreto que desarrolla el tema
del registro de parejas de hecho de la Xunta deja claro que es el único
mecanismo de demostrar esa relación análoga a la conyugal, por lo que la
seguridad jurídica y la teoría de los actos propios de la
Administración, debe llevar a que ese sea el criterio para todo tipo de
expedientes administrativos.”
Consultamos tamén a David Álvarez, profesor de ética do traballo social na Universidade de Vigo, quen opina desde o punto de vista deontolóxico:
A persoa e “quen decide o grao de compromiso e corresponsabilidade nas relacións afectivas” que corresponden ao “eido da vida privada”. Continúa dicindo que “nin son do eido público nin están certificadas formalmente, nin está estipulado que sexan exclusivas con unha única parella”, polo tanto se hai que “discutir
e xustificar as relacións coa traballadora social, xa deixan de ser do
eido privado e se converten en públicas. Un pode mentir ou calar ante
unha pregunta improcedente. Non se viola ningún deber porque ninguén ten
o dereito a saber ese dato.”
Por exemplo “eu podo considerar que a
miña relación conta como un "noviazgo" en serio e a outra parte
considerala doutra forma. Quen decide isto, a traballadora social?”
Conclúe dicindo que “eu renuncio a
facer oficial o meu proxecto de vida compartido cando decido non
casarme, non inscribirme en ningún rexistro, etc... Deste modo estou
sendo excluído oficialmente dos beneficios sociais e fiscais que gozan
os matrimonios. É inxusto que me impoñan as cargas respectivas.”
Para David “o interesante é que a lei non contempla noivos ou parellas”. Sinala que “é a interpretación do regulamento o que implica unha redución dos dereitos na práctica”. Finaliza dicindo que “o
triste é que (as traballadoras sociais) na práctica, por culpa dunha reglamentación discultible e matizable, se están posicionando no lado
contrario ao interés do usuario: non se minte á traballadora que se mete
na túa vida. O Código Deontolóxico da profesión ten recursos para
amparar ás profesionais e para demandar unha clarificación de normas
potencialmente adversas aos intereses do usuario.”
Agardamos que este texto sexa o comezo dun diálogo rico e sinceiro
que permita afondar nas causas da inxustiza e desigualdade, axudando a
responder a preguntas como:
- As políticas sociais están ao servizo do mantenemento da estrutura ou da liberación das persoas?
- Son só instrumentos de control social ou loitan pola superación deste sistema fracasado?
- Os profesionais do social sirven ás grandes empresas (CLECE, EULEN...) ou á loita polo reparto da riqueza?
Coia, novembro 2012
ODS-Coia