border="0"

13.12.14

A veciñanza sae á rúa para opoñerse ao barco na rotonda de Coia

Onte a avenida de Castelao foi tomada por unha gran manifestación na que expresamos o "cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas".

Como titulaba un medio dixital "o ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza", quen manifestou con claridade que o Bernardo Alfageme non chegará á rotonda e que os cartos de todas teñen que estar ao servizo das necesidades das persoas.
Achegamos o manifesto lido onte na rotonda e unha recompilación da mani nos medios:
A veciñanza do barrio e da cidade paramos as máquinas! E non marcharemos até que os centos de miles de euros que pensaban tirar nesta obra vaian destinados a cubrir as necesidades das persoas!
Levamos máis dunha semana na rotonda e, malia os intentos do alcalde e do seu goberno, aquí permaneceremos até que manifesten que o barco ficará no mar, ou á súa beira, e os cartos irán destinados a cubrir as necesidades da xente. Son momentos nos que o desemprego, os recortes, a insuficiencia das axudas sociais... están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos para vivir con dignidade. Sen consultar a ninguén, e saltándose un acordo do pleno, pensaban tirar os cartos nunha obra de sospeitosa legalidade.
A nosa loita non é so por evitar que chanten o barco nesta rotonda, vai máis alá. É un berro, unha expresión do cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas. Eles viven nesa “cidade fermosa” dos grandes cruceiros, das obras faraónicas, mentres que nós vivimos nos barrios, nas rúas onde os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos.
Estes días lonxe de se escoitar o ruído das máquinas na rotonda, escoitáronse as voces e os berros dun barrio, dunha cidade que aposta por construír vida desde abaixo, desde a xente. Os zapatistas que saben escoitar moi ben, así o din:

¿ESCUCHARON?
Es el sonido de su mundo derrumbándose. 
Es el del nuestro resurgiendo. 
El día que fue el día, era noche. 
Y noche será el día que será el día. 
Que hoxe este berro se escoite ben forte:

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!
NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

O luns seguiremos na rotonda e animamos a todos os colectivos e persoas que acudan á asemblea aberta que ás sete celebraremos para pensar en común como continuar coa loita.

Vigo, 12 de decembro

Na Prensa:

- A veciñanza de Coia saca músculo ante as descalificacións de Caballero: http://vigodixital.opennemas.com/articulo/barrios/coia-saca-musculo-desc...


- Los vecinos de Gamonal apoyan a los opositores al barco de Coia:

- O ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza:

- El Concello colocará el barco ´Alfageme´ en Castelao por encarnar ´tradición y origen:

- Decenas de personas se manifiestan en contra de la colocación del Berbardo Alfageme en la rotonda de Alcampo:

- Veciños de Coia continúan mobilizándose contra a rotonda:
http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-de-coia-continuan-mobilizandose...

12.12.14

Non ao barco na rotonda de Coia día 11/12/2014


Esta mañá comunicouse oficialmente ao Concello a solicitude feita pola Asamblea Aberta de Coia ante a Consellería de Cultura para que o Bernardo Alfageme sexa declarado Ben de Interese Cultural, e deste xeito a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural participe directamente na toma de decisións sobre o barco.
Coincidimos co goberno municipal en que estamos ante un ben cultural sobranceiro, testemuña dun pasado industrial xa desaparecido, pero parécennos aberrante a súa proposta de valorización, emprazándoo nunha rotonda. A xestión do patrimonio cultural común é demasiado importante para deixala só en mans de políticos...


Rolda de prensa tamén esta mañá para difundir a manifestación do día 12, responder os ataques do Concello, e explicar as xestións na Xunta.





Informacións nos medios:






11.12.14

A veciñanza contra o barco na Rotonda de Coia o día 10/12/2014

Por fin o Faro de Vigo publica unha noticia extensa sobre a rotonda de Coia... Ah!, que é para buscar complicidades coa postura do Concello.... (Non morderás a man que che alimenta):
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/12/11/barco-aguas-turbulentas/1147848.html










10.12.14

MANIFESTACIÓN 12/12/2014 "NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!"

O VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!
Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e dando lectura ao manifesto.

O goberno municipal quere chantar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren meter un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.

Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio e da cidade está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos...

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

6.12.14

Segundo día "Non ao barco an rotonda de Coia" 05/12/2014

Esta xornada comezou de novo ás 8:00 con xente na rotonda vixiando que non comezasen as obras, os feitos máis destacados foron pola tarde cando a empresa mandou aos obreiros para tentar reanudar as obras empregando un subterfuxio, e as GOA da Policía Local se presentaron coa intención de intimidar ás persoas concentradas, finalmente aceptaron a negativa das veciñas a moverse e deixar continuar as obras.



Pola tarde ás 19h. comezou unha concentración seguida de asemblea con un par de centos de persoas, na que se decidiu deixar pasar a fin de semana co luns festivo e retomar o bloqueo o martes de mañán.   

Texto de Alicerces 

"Din os vellos que non se pode cuspir ao ceo, e teñen toda a razón do mundo. Hai algúns meses, neste mesmo blogue facía burlas e chanzas sobre o costume dalgúns dirixentes de adornar as rotondas (redondas, no imaxinario popular) con barcos. E mira ti por onde, que o destino quixo que a 200 metros da miña casa vaia ter un: esta semana, operarios da empresa concesionaria de Parques e Xardíns do Concello de Vigo comezaron a retirar a cuberta vexetal da “rotonda do Alcampo” -como se lle coñece popularmente- no barrio de Coia, para preparar os terreos para poñer o “Alfageme”, un pesqueiro de 27 metros de eslora.

Non quero agora falar do pailanismo cultural que sofre esta cidade (chantar un barco nunha rotonda é unha metáfora xenial das políticas culturais promovidas dende o Concello) senón centrarme no sinsentido do que isto supón para un barrio como o de Coia. Pode parecer incluso unha provocación ante unha veciñanza con moitos problemas económicos no seu día a día.

Falan os medios afíns á Alcaldía que o gasto será de 300.000 euros, cifra que para o cidadán non é posible confirmar xa que no apartado de Perfil do Contratante da web do Concellonon aparece por ningures este contrato. A este gasto, hai que sumarlle a axuda de 300.000 eurosoutorgada a unha multinacional (Citroen) para a contratación de xente, ou os 169.000 eurosgastados en mercar 1.600 entradas para o fútbol a unha sociedade anónima (cun prezo de 105 euros por entrada, se non erra a calculadora). E a maiores, no próximo ano comezará a reforma do estadio municipal de Balaidos, cun aporte de 15 millóns de euros por parte do Concello.

E mentres tanto non hai cartos para o local de Sereos, ou as Axudas de Emerxencia Social ou o Cheque Social son insuficientes ou teñen atrasos de meses e meses, como están mesmo a denuncian as mesmas traballadoras sociais do Concello. E mentres tanto non podemos pagar os alugueres, ou a luz, ou a comida. Non é demagoxia, desgraciadamente é a realidade….

[ En novembro de 2012 das 35.000 persoas que vivían en Coia, 14.000 estaban en situación de desemprego. Delas, só 5.000 recibían algún tipo de prestación.(Datos tomados de Sermos Galiza, ano 0, nº 22. Sexta feira, 2 de novembro de 2012)]."


Na Prensa:




Fotos de Ikerman