14.7.14
Foto Denuncia contra a especulación e xentrificación na Zona Vella de Vigo
Animámoste a participar nesta campaña colectiva contra a especulación e a xentrificación, enviando fotos (ata o 30 de setembro) deste proceso de transformación económica do barrio para crear entre todas unha exposición fotográfica de denuncia colectiva.
Podes enviar as fotos a xentrificacionvigo@gmail.com ou ben subíndoas ao facebook e partillalas co perfil de Xentrificación Vigo.
Máis info en: http://xentrificacionvigo.blogspot.com.es/2014/07/foto-denuncia-contra-especulacion-e.html
18/07 - Recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario
Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.
O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.
A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Actos pola ILP da Renda Básica nos que participamos en xuño e xullo 2014
Na mañá do 27 de xuño, a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.
No acto pretendiamos informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, e tamén denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade. Por iso escollemos o lema “Fronte á esmola do Cheque Social esiximos dereitos: Renda Básica!”: porque queremos lembrar que fronte á realidade de terrible inxustiza social que está a padecer a cidadanía, as respostas do Concello de Vigo, e tamén da Xunta de Galicia, están a ser parciais e ineficaces.
O vindeiro venres 4 volveremos á rúa, desta vez na rúa Príncipe de 18h00 a 20h00, para continuar coa recollida, porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer tamén na ODS-Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo), todos os luns de 17h00 a 19h00.
Achegamos o texto que elaboramos para o acto:odscoia.arkipelagos.net/content/fronte-%C3%A1-esmola-do-cheque-social-esiximos-dereitos-renda-b%C3%A1sica e algunhas fotografías:www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157644982167609/
O venres 4 de xullo, xentes da ODS-Coia, da Parroquia Cristo da Victoria e de GAS concentrámonos na rúa do Príncipe, xunto ao MARCO, para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 18h00 a 20h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.
Hoxe concentrámonos na rúa do Príncipe convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Trátase, sobre todo, de informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, pero tamén, coma moitas outras veces, de saír á rúa para denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.
As cifras son so cifras, e pouco poden dicir dos auténticos dramas persoais que agachan detrás, pero non menten. Medra día a día o número de persoas e familias que viven (ou malviven) por baixo do limiar da pobreza (máis do 20% da poboación estatal, segundo a Enquisa de Condicións de Vida realizada en 2013 polo Instituto Nacional de Estatística). Pero do mesmo xeito medra sen descanso o número de ricos: 1625 persoas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros, o que supón un 7% máis que o ano anterior. A riqueza común, en fin, acumulada nas mans dun poucos, mentres unha crecente porcentaxe da poboación carece do máis elemental.
Fronte a estas cifras que falan con claridade da inxustiza social, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.
Deste esforzo colectivo e do convencemento de que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza, nace a campaña de recollida de sinaturas da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL.
Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.
A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.
A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.
Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.
Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA, XA!
Vigo, 4 de xullo de 2014
ODS-Coia – Parroquia Cristo da Victoria – Grupo Axitación Social
1.7.14
"Ni muts ni a la gàbia" (Nin mudas, nin na gaiola) en apoio ás represaliadas contra o Pla Caufec
Coa difusión deste vídeo día 1 de xullo comezou a campaña para esixir a libre absolución das nove veciñas e veciños de Esplugues de Llobregat (Barcelona) encausadas/os por loitar contra o Pla Caufec e defender a Serra de Collserola. Seis delas poderían entrar en prisión por oporse a un plan especulativo que pretende urbanizar 40 hectáreas do pé da serra de Collserola para construir pisos de luxo, rañaceos de 105 metros de altura ou o centro comercial máis grande do norte de Barcelona, destruíndo a súa vila e a propia serra.
9.6.14
Xornadas en Vigo 25 de Insubmisión
Achegamos o programa das xornadas “25 ANOS DE INSUBMISIÓN, 25 ANOS DESOBEDECENDO”.
# Xoves 5 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Proxección: 'Insumisión. 20 años desobedeciendo' - Documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo.
# Sábado 7 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Mesa redonda: 25 anos de insubmisión en Galiza - Coa presenza de insubmisos galegos.
# Sábado 14 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Palestra: A Desobediencia Civil contra o Estado e a Criminalización da Protesta - José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade da Coruña e antigo membro do MOC.
# Sábado 21 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Mesa redonda: Estratexias de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado, obxección fiscal - Con compañeiras/os do CSO Palavea, Rede Feminista Galega e Espazo Aberto Antimilitar.
# Sábado 28 de xuño, 20:30, A Revolta do Berbés (Rúa Real 12)
Palestra: Presente e perspectivas de futuro do antimilitarismo - Pablo San José do Grupo Antimilitarista Tortuga.
# Durante todo o mes de xuño. Do 3 ao 21 de xuño na Cova dos Ratos e do 23 ao 28 na Revolta.
Exposición sobre o movemento de insubmisión en Vigo, con materiais orixinais do MOC.
Organiza: Espazo Aberto Antimilitar
9 e 13 xuño - Mesas de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica
A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00estaremos ás portas da delegación deFACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.
E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Agardamos polas vosas sinaturas!
Excelente comezo en Vigo da recollida de firmas pola ILP da Renda Básica (30/05/14)
ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria xuntámonos, outra vez, para dar a coñecer a proposta da Renda Básica. Á entrada da delegación de facenda puxemos mesas, cadeiras, pancartas... e comezamos coa recollida de sinaturas. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.
Neste acto estabamos acompañadas polas compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar que animaron a facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares co reparto de folletos informativos. É moi común a pregunta: temos cartos para unha Renda Básica? Ter os temos, pero se están ao servizo da guerra e dos intereses da industria militar non os haberá para cubrir as necesidades básicas das persoas.
Nuns días volveremos ás rúas para continuar coa recollida, porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer na ODS-Coia todos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo).
Achegamos o texto que elaboramos para o acto:
Hoxe concentrámonos diante do edificio de Facenda convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) co obxectivo de comezar coa recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Trátase, sobre todo, de informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, pero tamén, coma moitas outras veces, de saír á rúa para denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.
As cifras son so cifras, e pouco poden dicir dos auténticos dramas persoais que agachan detrás, pero non menten. Medra día a día o número de persoas e familias que viven (ou malviven) por baixo do limiar da pobreza (máis do 20% da poboación estatal, segundo a Enquisa de Condicións de Vida realizada en 2013 polo Instituto Nacional de Estatística). Pero do mesmo xeito medra sen descanso o número de ricos: 1625 persoas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros, o que supón un 7% máis que o ano anterior. A riqueza común, en fin, acumulada nas mans dun poucos, mentres unha crecente porcentaxe da poboación carece do máis elemental.
Fronte a estas cifras que falan con claridade da inxustiza social, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.
Deste esforzo colectivo e do convencemento de que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza, nace a campaña de recollida de sinaturas da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL.
Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.
A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.
A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.
Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.
Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA, XA!
Vigo, 30 de maio de 2014
ODS-Coia - Parroquia Cristo da Victoria - Grupo Axitación Social
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

