border="0"

13.7.12

30/06 Acto de peche da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2012

 
Co mes de xuño rematan os actos da campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que o Espazo Aberto Antimilitar en Galiza, e moitos grupos no Estado, vimos desenvolvendo. Aínda tedes tempo para facer a declaración da renda e con ela a OF, de facela por favor achegádenos os datos que estamos a recoller xunto a outros grupos a nivel estatal.
 
Para rematares convidamos a participar nun acto de peche de campaña que imos facer o sábado 30 de xuño a partires das 19h00 diante do Mercado do Calvario.

No acto haberá paneis informativos sobre: gasto militar - banca armada - sahara - venta armas e recrearemos un campo minado un pouco especial...

Agardamos a vosa participación!


A pasada fin de semana rematamos a campaña OF 2012 cun acto de rúa en fronte do mercado do Calvario.

No acto aproveitamos para informar a todos os viandante dos perigos e da morte que causan as armas -neste caso minas- que pagamos todas cos nosos impostos, cos cartos que temos nos bancos... Por esta razón acotamos un espazo da rúa onde había restos de pernas, brazos, mans que sairan voando pola acción dun campo minado. Ademais no acto instalamos catro paneis sobre: banca armada, gasto militar, o conflito do Sahara e a industria das armas.

Con este acto damos por finalizada a campaña pola OF 2012 aos gastos militares, nos vos esquezades de achegarnos os datos das vosas OF, xa que estamos a xuntar os datos para mandar a xente que os presenta a nivel estatal.











8/06 - Proxección documental "Mirar a la ventana"



En colaboración coa xente do Colectivo Maduras o venres 8 de xuño convocamos a que asistades á presentación en Vigo do documental "Mirar a la ventana", que nos achega á insubmisión pero contada dende as mulleres que acompañaron a fillos, parellas, irmáns implicados nesta loita.
 
O documental o proxectaremos no CS "Cova Dos Ratos" (Romil 3 - Vigo) o venres 8 de xuño a partires das 20h30.

Como explican na súa páxina de facebook:

“Mirar a la ventana” es un documental que narra la historia de 12 mujeres extremeñas que, en la década de los ’90, se vincularon a las Campañas de desobediencia civil, no violenta, pública, abierta, transformadora colectiva e ilegal denominada Insumisión. Su vinculación no fue por afinidad política o ideológica sino afectiva; a excepción de María que participó de ambas. Plasma desde la voz de la mujer, ese espacio de resistencia que cada una de ellas generó en las líneas básicas de su día a día (Familia, entorno social, afectivo o ideológico,…) y cómo esto afectó a sus vidas.

Las mujeres de las que te hablamos se llaman María, Susana, Natalia, Micaela, Nati, Bea, Agustina, Elena, Inma, Mari, Montaña y Mari Carmen. Casi tres generaciones de mujeres que han vivido en Extremadura (España). Ellas son todos estos nombres y todos los nombres de mujer que no hemos dicho. Para todas y para cada una de ellas, la voz y nuestro agradecimiento.

26M - O Espazo nas V Tardes Libertarias de Lume Negro



O Ateneo Lume Negro vai celebrar, outro ano máis, as V Tardes Libertarias o vindeiro sábado 26 de maio 2012 en Ponteareas (Pontevedra) co título que escollemos é: "REALIDADES POSIBLES SEN CAPITALISMO".

Nela ademas do Espazo Aberto Antimilitar, estarán tamén a Rede de troco de saberes de Redondela, a xente da Asemblea pola defensa do barrio do Cura e a xente da cooperativa asemblearia labrega de Ponteareas. 

A partires das 19h00 comezará cunhas proxeccións que introducirán as experiencias. 

Será no Enigma café bar, rúa Real 27.

03/05 Presentación da campaña de OFGM 2012 no Bou Eva




A xente do Bou Eva (rúa Tercio de Fora 11, ao carón da praza Fdo O Católico) convidounos a presentar a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Miltares 2012, será hoxe xoves 3 de maio a partires das 20h30.


Se estades interesadas en que presentemos no voso colectivo ou grupo a campaña 2012 pola OFGM non dubidedes en contactar con nós: info[arroba]nonaogastomilitar.org


Non vos esquezades de que para facer OFGM non podedes confirmar o borrador, tedes que facer a declaración impresa!

"Industria militar, un negocio sen crise", charla e presentación da campaña de OF 2012



Desde o Espazo volvemos a promover outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, que este ano centramos na industria militar: "Pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa das guerras, dos conflitos e das amenzas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita violencia, medo e mortos".
 
Deste xeito o venres 13 de abril convidamos a que asistades á charla-presentación que leva por título: "Industria militar, un negocio sen crise". Contaremos coa presenza de Jordi Calvo, membro do "Centre d'Estudis per a la Pau JM Delás de Justicia i Pau" que presentará o último informe "La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas" ademais de nos falar do negocio da guerra en España.

Ademais o acto servirá para presentar a campaña 2012 pola OF aos Gastos Militares que lanzamos dende o Espazo Aberto Antimilitar.

O acto será o venres 13 abril ás 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo - Vigo)

Crónica do acto:

O pasado venres 13 de abril o Espazo Aberto Antimilitar presentaba a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, cunha charla sobre a industria militar. Na presentación acompañounos Jordi Calvo, investigador do Centro Delás e autor do último informe sobre banca.
 Comezamos o acto cunha breve presentación da campaña, que como sabedes consiste en á hora de facer a declaración da renda (non confirmedes o borrador) desviar unha porcentaxe de cartos en protesta polos gastos militares. Este ano os destinos que propoñemos son a Asemblea pola defensa do barrio do Cura e a campaña contra os Centros de menores.
Logo da presentación Jordi foi desvelando o papel da industria militar, resaltando que se trata dunha industria parasitaria a cal non deixa de reclamar cartos para o seu funcionamento.

 

Campaña Obxección Fiscal 2012 :: “Industria militar, un negocio sen crise”



No ano 2011, o gasto militar do Estado español ascendeu a 47 millóns de euros… cada día. Case dous millóns de euros á hora, nun país no que a única música que se escoita é a do recorte: recortes en educación, en sanidade, en dereitos, en medios de subsistencia; en vida. Ademais, o Goberno recoñece unha débeda por gastos militares de, polo menos, trinta e seis mil millóns de euros. Xa nos podemos facer unha idea de como se vai pagar.

Esta política de investimento militar non semella que vaia ser modificada polo “novo” Executivo. O actual Ministro de Defensa, Pedro Morenés, foi xa Secretario de Defensa na época do goberno Aznar, momento no que podemos atopar a orixe da débeda antes apuntada e que foi incrementada de xeito entusiasta polos gobernos de Zapatero. Morenés, ademais, é un dos claros exemplos de relación entre gobernos e industria militar, tendo ocupado nos últimos anos o posto de Director Xeral no estado español de MBDA, considerada a segunda empresa máis importante a nivel mundial no deseño, fabricación e venda de mísiles.

De feito, un primeiro estudo dos recén aprobados presupostos xerais para o 2012, evidencia que o Gasto Militarizado sofre un menor recorte orzamentario, tan só un 2%, fronte ao 17% de media. Isto sen esquecer que os presupostos deste gasto adoitan incrementarse 2,4 veces ao final do ano, e que posiblemente moito “gasto militar oculto” non foi aínda cuantificado.

O que si parece seguro é o aumento en material antidisturbios. En xaneiro deste ano anunciouse a adquisición de gases lacrimóxenos e botes de fume á empresa madrileña Falken, por importe de millón e medio de euros (no ano 2007, os gastos neste campo foron de pouco máis de 143.000 euros). Cousas da crise.
E é que precisamente nesta suposta época de “crise” a industria militar (en sentido amplo) española goza de boa saúde, din os expertos (as súas vítimas non, afirmamos nós). O estado español figura no ránking mundial de exportadores de armas, entre o 6º e o 9º posto, dependendo do ano, e tres empresas españolas están no top 100 mundial. A este suceso contribúen os préstamos a longo prazo e sen interese que os diferentes gobernos do estado levan facendo desde o ano 1994 (polo menos).

Armas españolas son as que usa Marrocos contra o pobo saharauí, ou Israel contra o palestino, todo isto nun contexto internacional no que de novo parece que a violencia é a única forma de resolver os conflitos. Así o fixo recentemente a comunidade internacional (o estado español incluído) armando durante anos a Gadafi, para logo facelo mesmo cos seus opositores e apoialos militarmente no seu ascenso ao poder, e agora aproveitan a violencia desatada en Siria para armar a faccións proclives aos intereses occidentais, favorecendo a desestabilización e a guerra civil; mentres sopesan unha intervención militar que en ningún caso vai buscar a protección dos dereitos humanos.

Pero o máis grave, é que sacar beneficios económicos desta violencia, pode chegar a ser visto como algo positivo por parte da poboación e incluso certas organizacións. A creación de emprego estase a converter na xustificación última para calquera cousa. Vale todo. A promesa da creación de postos de traballo ampara leis laborais que eliminan dereitos adquiridos polos traballadores ao longo de douscentos anos, facilita a comisión de estragos ecolóxicos, e incluso consegue que centrais sindicais reclamen carga de traballo para fábricas de armamento (industria á que lle vén un gran futuro), ou que dirixentes políticos acepten e mesmo reclamen a instalación en Trasmirás dunha base de avións non tripulados (“drones”) dos EE.UU. Isto vai un paso mais alá da repugnancia, poderíamos dicir.

E é que non podemos obviar que, pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa de guerras, conflitos e ameazas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita medo, violencia e mortos...

Vigo, 2012

19 MAIO - Charla: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta"




Interesante acto para os tempos que corren. O sábado 19 de maio ás 20h00 no centro social "A cova dos Ratos" (Romil 3 - Vigo) haberá unha charla co título: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta" a cargo de José Ángel Brandariz - activista e profesor de Dereito Penal na Universidade de A Coruña.

Reforma do Código Penal. Cadea perpetua. Criminalización da mobilización. Xustificación da violencia policial e a Represión...

Nun momento no que os gobernos buscan frear o descontento e as protestas sociais nas rúas, a base de recortar as liberdades civís, resulta máis necesario ca nunca coñecer e reflexionar sobre a blindaxe do estado policial no que xa vivimos.

Organiza: Iniciativa Popular pola Folga Xeral