border="0"

28.2.14

"Reforma/Revolución" Ciclo de debates en Barcelona organizado polo Grupo de Reflexión para a Autonomía



Do 22 de febreiro ao 1 de marzo 

Lugar:
La Base Ateneu Cooperatiu  www.labase.info
  • Carrer de les Hortes 10, Poblesec, Barcelona (mapa)
  • Metro L2–L3 Paral·lel
No enlace de abaixo pode accederse aos textos propostos para os debates plantexados:
  • -Sobre o Estado do benestar.
  • -Reformismo: ¿refundación ou superación?.
  • -Pensando a revolución hoxe.
  • -O proxecto "independentista" desde unha perspectiva revolucionaria.

13.2.14

Charla Josep Mª Roselló 22/02/14 "O Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia."



O Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia.
SÁBADO 22 FEBREIRO 20:30h, 
No C.S. "A Cova dos Ratos" r/Romil,3, Vigo

Falará Josep María Roselló, autor dos libros "La vuelta a la naturaleza" e "Viva la naturaleza".

A finais do século XIX, na Francia do positivismo científico e do auxe do desenvolvemento capitalista xorden, entre os libertarios, os naturien, un movemento que ensalza a natureza e denigra a civilización, pondo en práctica formas de vida acordes ao seu pensamento.



No territorio hispano tamén triunfaron estas ideas, cristalizando en diferentes correntes como o naturismo libertario, a trofoloxía, o vexetarianismo naturista e social e a librecultura, presentes tamén na nosa cidade.
Achegarémonos con esta charla a esta parte da nosa historia recente, pioneira na crítica ao desarrollismo, e polo tanto plenamente vixente.

Organizan: Lapsus e GAS.

Peche de 12 horas polo dereito a vivir dignamente 15/02/14


A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colectivo Imán e a Parroquia Cristo da Victoria convocamos un peche de 12 horas nos baixos de dita parroquia o sábado 15 de febreiro cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.
Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten. Por iso convidamos a todas as persoas que desexedes sumarvos a esta iniciativa a que vos acheguedes o vindeiro sábado de 10:00 a 22:00 horas para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.

Aquí vai o programa do #peche 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) o sábado 15 de febreiro:
10:00 - Benvida e decoración
11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...
11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs
12:30 a 13:00 - Descanso
13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.
14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.

6.2.14

Charla sobre a Lei de Seguridade Cidadá ‏ 15/02/2014


Lei de Seguridade Cidadá, reforma do Código Penal, 
                                                                   a min non me afectan...
                                                                                                       Seguro?

Nun momento de ofensiva por parte do capital e a extrema dereita, a través do aparello do estado, contra os dereitos sociais e laborais adquiridos gracias á loita ao longo dos anos, é necesario recortar tamén dereitos e liberdades para blindarse fronte á protesta e a disidencia.

Esta lóxica é a que subxace baixo a nova reforma do código penal e a creación da chamada lei de seguridade cidadá.

Son polo tanto dúas normas deseñadas avanzar na estensión da represión, tanto cualitativa como cunatitativamente. Colectivos veciñais, estudiantís, feministas, militantes anticapitalistas, independentistas, ecoloxistas ou loitas en defensa de dereitos sociais como a saúde ou a vivenda, sindicais, ou incluso quenes se movilizan contra o roubo xeralizado da banca.  Todas somos inimigas e, polo tanto, obxecto de aplicación destas normas.

Por este motivo é necesario informarnos  a fondo e de primeira man do seu contido. Porque, incluso aínda que pensemos que non nos van afectar de xeito directo, representan un gran avance na perda de liberdades sociais que tarde ou cedo acabaremos padecendo, e marcan o camiño de cara a construcion dunha sociedade futura que non queremos nin imaxinar.

Convidámosvos polo tanto á charla sobre a nova lei de seguridade cidadá e a reforma do código penal  que terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20:00h na Cova dos Ratos, a cargo de Borxa Colmenero avogado penalista e membro de Esculca.

Organizan: GAS, S.R.I. e Cárcere=Tortura

5.2.14

Proxección do documental “4F: Ni Oblit, ni perdó” no C.S.A. a Cova dos Ratos




O documental 4F: ni oblit, ni perdó é un traballo de investigación videográfico que persegue dar a coñecer a verdade e desmontar as mentiras sobre o caso 4F, uns dos casos de corrupción policial máis grave que se destapou na cidade de Barcelona. Unha historia de impunidade policial, acompañada de boas doses de racismo, clasismo e de vulneración dos dereitos fundamentais, todo elo amparado por un sistema xudicial herdeiro do réxime franquista e por uns políticos obsesionado co negocio inmobiliario que brinda a Marca Barcelona a costa dos seus cidadáns.


Que pasou o 4F?


A noite do 4 de febreiro do 2006 rematou cunha carga policial no centro de Barcelona. Foi nos arredores dun antigo teatro okupado no que se estaba a celebrar unha festa. Entre os golpes de porra comezaron a caer obxectos dende a azotea da casa okupada. Segundo relatou por radio o Alcalde de Barcelona poucas horas despois do suceso, uns dos policías, que ía sen casco, quedou en coma polo impacto dunha maceta. As detencións que viñeron despois do tráxico incidente relátannos unha crónica de vinganza. Tres xoves detidos, todos eles de orixe sudamericano, son gravemente torturados e privados de liberdade durante dous anos, agardando un xuízo no que pouco importaba quen fixo que.

Pouco importaba que o obxecto que feriu ao policía fose tirado dende unha azotea mentres que os detidos estaban a pé de rúa. Outros dos detidos aquela noite – Patricia e Alfredo- nin sequera estaban presentes no lugar dos feitos: foron detidos nun hospital preto dos incidentes e declarados sospeitosos pola súa forma de vestir. Pouco importaban se houberan probas ou evidencias que exculpaban ao acusados. Naquel xuízo non se estaba xulgando a individuos senón a un colectivo. Tratábase dun inimigo xenérico construído pola prensa e a política da Barcelona modélica. Barcelona, a cidade que acababa de estrear a súa chamada “ordenanza de civismo”, unha lei hixienista, marco legal perfecto para os plans de xentrificación de algúns barrios céntricos destinados ao turismo. Os detidos aquela noite eran cabezas de turco que encaixaban perfectamente, pola súa estética, coa imaxe do disidente antisistema o inimigo interno que a cidade modélica foi xerando aqueles últimos tempos.

Anos despois, dous policías son condenados a inhabilitación e a penas de prisión de máis de dous anos por torturar a un mozo negro. A sentencia demostra que os axentes menten e manipulan probas durante o xuízo. Para encubrir as torturas, acusan ao mozo de ser traficante de drogas, pero o xuíz descobre a montaxe: o negro é en realidade fillo dun diplomático, o embaixador de Trinidade e Tobago en Noruega. Estes axentes resultan ser os mesmos que torturaron ao xoves detidos aquela noite do 4 de febreiro do 2006. A única diferencia: o orixe social das vítimas.

Patricia Heras, a poeta defunta

Máis aló da cidade de Barcelona, o personaxe principal da cidade morta é Patricia, á que imos coñecendo a través da súa poesía e o testemuña das súas amigas e exparellas sentimentais. Trátase de una moza estudante de literatura, extremadamente sentimental, que esconde as súas inseguridades detrás dunha estética excéntrica, alimentada pola cultura queer coa que se identifica.

A experiencia que atravesa a partires de aquela mañá do 4 de febreiro do 2006, cando é detida xunto co seu amigo Alfredo nun hospital, da un xiro radical a súa vida. Dous anos cheos de angustia agardando o xuízo, esgotando todos os seus aforros para pagar os avogados. Tres anos de condena na cárcere. A parte de esnaquizar a súa vida, estes feitos disparan a súa produtividade literaria que vai quedando rexistrada nun blogue que se titula de forma premonitoria: Poeta Morta.

Patricia suicídase durante unha saída cárcere, en abril do 2011. Esta película pretende ser un homenaxe a ela.

Sacado de:



1.2.14

Palestra en Galiza sobre a Renda Básica este mes de febreiro


Este mes en Galiza haberá varias oportunidades de achegarse a unha ferramenta anticapitalista: A renda básica das iguai.

Aproveitando que Manolo S. Bayona vai estar uns días por terras galegas a xente deO Peto o convida o sábado 1 de febreiro a dar unha charla sobre a RBis. Será en Vigo dentro da asemblea que AIS O Peto celebra en Vigo nos locais de Proclade (r/Honduras 7). Comezará ás 19h00 xa que antes celébrase a asemblea de dita asociación.

E o domingo 2 de febreiro en O Carballiño, organizado polo Grupo de consumo consciente e responsable A Landra, terán un encontro, de novo con Manolo de Baladre, que falará da renda básica das iguais. Será ás 18:00 horas no salón de actos do Casino do Carballiño. O acto está ecadrado dentro dunhas Xornadas sobre economía social.

O mes de febreiro vai vir cargado de actividades sobre a renda básica das iguais en Galiza.
Unha delas será co alumnado de Traballo Social no campus de Ourense da Universidade de Vigo. Con eles estará Manolo S. Bayona o martes 4 de febreiro a partires das 11h30 animando a reflexión na charla que leva por título: "Da RISGA á Renda Básica das iguais". O acto vaise celebrar no sala multiusos da facultade de ciencias de educación (Ourense).
O xoves 6 de febreiro ás 17:00h.continuamos con formacións sobre Renda Básica das Iguais, agora en Compostela, nos locais da Asociación Troita Armada.