border="0"

30.8.12

Fractura nº2 "Ningunha persoa é ilegal"

Número 2 do Fractura adicado ás persoas migrantes (para pegar polas rúas de Vigo):

Pode descargarse íntegro neste enlace.

Dende sempre, os seres humanos desprazámonos de xeito natural respostando a diferentes razóns, tanto individuais como colectivas.
No presente, gran parte destes desplazamentos están forzados polo empobrecemento, guerras, represión ou destrución do territorio provocadas pola alianza entre estados, multinacionais e banca na busca de maximización de beneficios característica do sistema capitalista no que vivimos.

Isto, ao mesmo tempo que nos territorios “destino” se reforzan as  fronteiras tanto visibles, en forma de muros e vallas, como as invisibles; barreiras ás que se teñen que enfrontar as persoas migrantes de xeito permanete na súa cotidianidade, dende as derivadas do rexeitamento das sociedades de acollida, ata as impostas dende os estados, en forma de lexislacións e trabas burocráticas.

As leis de estranxería, as políticas de fronteiras da Europa Fortaleza, etc, teñen como única finalidade estigmatizar e excluir como persoas con plenos dereitos ás migrantes. Non pretenden  impedir por completo a entrada de persoas sen visado ou expulsalas a todas. Moi ao contrario, o que queren é que haxa unha reserva permanente de persoas que non teñan seguridade, que vivan con esa ameaza permanente que facilite a súa mellor explotación sen que reclamen os seus dereitos. Deste xeito, aprovéitase a súa situación para exercer presión sobre as condicións de traballo xerais, coa chantaxe de que hai quen o fai por menos e sen protestar.

Pero ao mesmo tempo, dende os governos que a provocan téntase presentar ás persoas migrantes como as culpables desa situación e do resto dos males da sociedade en xeral.
Porén, sabemos que non son elas quenes roubaron os nosos aforros, quenes se apropian do producto do noso traballo para o seu enriquecemento, ou tentan reducir a nosa calidade de vida a unha situación de esclavitude.

A vía para loitar contra esta trampa que pretende deixar a persoas coma nos fora da sociedade, sinaladas como culpabeis de ser pobres e de consumir a nosa riqueza, é traballar sobre a solidaridade, construir unha sociedade da cooperación e romper eses argumentos falsos que alimentan o racismo e xustifican as agresións.

23.8.12

"O QUE NON NOS CONTAN SOBRE AS PLANTAS DE BIOMASA" (pero as compas de Lume Negro sí o contan)

Pódese ver e descargar a última publicación aperiódica "Lume Negro" neste enlace .

Xa fai máis dun ano e medio do comezo do conflito xerado polo proxecto de planta de biomasa no Condado. Tras ese período de loita social e veciñal a empresa ten desistido oficialmente da súa intención de instalar unha macroplanta de biomasa no lugar de Ribadetea en Ponteareas. 

Agora, nunha nova volta de torca, a empresa solicita a instalación do seu proxecto de incineradora de biomasa no lugar da Lagoa no concello de Mondariz. Como sucedeu no caso de Ribadeteadesde o Ateneo consideramos que non é xustificable que os e as cidadáns teñamos tan pouca información e capacidadede decisión sobre un proxecto que pode afectar ás nosas vidas.

É que acaso non é relevante para a veciñanza o significativo aumento do transporte pesado nas estradas do Concello?.

Tampouco é relevante o consumo diario de auga (24.000 litros) necesario para o funcionamento da planta e que se quere bombear desde o Río Tea?.
 
Non interesa que secoñezan as emisións sonoras que se terán que soportar durante as 24 horas do día, máis de 11 meses do ano?
 
Non convén que os e as veciñas coñezan as emisións contaminantes que produciría a macroplanta?.

Tampouco convén que sesaiba exactamente en que consisten os cultivos enerxéticos que van asociados a esta clase de instalacións? Porque nonse fala dos intereses da empresa?.Cal é o beneficio económico para a promotora por unha macroplanta como a que se pretende instalar...?.

O Ateneo Libertario Lume Negro pretende con esta publicación tratar de achegar luz sobrealgunhas das problemáticas ligadas ás plantas de biomasa para producir electricidade e, en especial, ao proxecto de ALagoa en Mondariz. A información é fundamental para poder posicionarse perante unha instalación como esta. 

Desde o Ateneo continuaremos coas tarefas informativas que iniciamos en xaneiro de 2011 en canto tivemos coñecemento do proxecto de macroplanta de biomasa para producir electricidade en Ribadetea.

22.8.12

Historia do E.L.F (Earth liberation front) "If a tree falls" (documental)


O 7 de decembro do 2005, axentes federais dos Estados Unidos levaron a cabo unha persecución de ambientalistas radicais vinculadas á Fronte de Liberación da Terra (Earth Liberation Front) -- Unha organización que o FBI catalogou como "a ameaza terrorista domestica número un".
 
O documental conta a historia da organización e dun dos membros máis destacado, desde os seus inicios ata a súa detención e proceso legal. 

Narra mediante entrevistas e videos dos arquivos orixinais das forzas da orde, fiscais e persoas da organización, cómo esta persoa afronta a posibilidade dunha cadea perpetua, e a valoración e reflexión sobre o que foron eses anos e o que os levou a esa loita, a practicar sabotaxes, etc.

"IF A TREE FALLS" reflexiona sobre os conceptos de ecoloxismo, activismo e o modo no cal se emprega o termo "terrorismo".

Pode verse neste enlace con subtítulos en castelán (aínda que algo deficientes enténdese):
(Para ver os subtítulos, clicade enriba do cadradiño onde pon "cc", situado ao lado de onde se cambia a calidade, o volumen, etc)

8.8.12

Campaña por unha Sanidade Universal


Baixo o lema "Yo SI sanidad universal" unha serie de usuarias e traballadoras do Sistema Nacional de Saúde (SNS) están organizando unha campaña de desobediencia civil fronte á recente reforma sanitaria, recollida no Real Decreto-Lei 16/2012, que supón a exclusión de centos de miles de persoas do dereito a recibir atención sanitaria, o repago de medicamentos e de certas prestacións sanitarias.

O modelo anterior era universal, é dicir, o acceso á sanidade estaba garantido a toda la poboación sen excepcións. Agora, só as persoas "aseguradas" poderán ter garantido o acceso a algunhas prestacións "básicas".

Estas persoas están desenvolvendo liñas de acción para articular e visibilizar a obxección de conciencia das profesionais ao RD e para organizar, soster e protexer a desobediencia civil de profesionais e usuarias para manter a atención sanitaria.

Extraido da web da campaña:  "Yo SI, sanidad universal"

7.8.12

Traballos forzosos. A polos infractores (I)

Os incumprimentos da legalilade vixente en materia de relación laborais se regulan mediante un sistema de infraccións e sancións. Tamén se inclúen neste eido aquelas condutas máis ou menos graves que configuran a explotación laboral, así como algún dos síntomas do traballo forzoso.

Falabamos nun artigo anterior, do sinxelo que resulta recoñecer a explotación laboral e, na súa vertente máis extrema o traballo forzoso. Empezando pola primeira temos que destacar que a actual lexislación laboral define con claridade as circunstancias que caracterizan as situacións máis desigualitarias para a parte traballadora.

Segundo a lei de infracións sociais, estas se agrupan segundo o seu eido, distinguíndose:

  • Infracións en materia de relacións laborais.

  • Infracións en materia de prevención de riscos laborais.

  • Infracións en materia de materia de emprego.

  • Infracións en materia de Seguridade Social.

  • Infracións en materia de movementos migratorios e traballo de extranxeiros.

  • Infracións en materia de sociedades cooperativa.
 
Extraído do blogue Traballo Digno, para ler íntegro o artigo ir a este enlace .