24/08/09

Proxeccións: "Experencias de loita nos USA nos anos 60 e 70"

.

Proxección dos documentais:

Os 10 de Chicago

Data da proxección: Venres 28 de agosto ás 20:30 horas no CSA "A Cova dos Ratos" (r/romil, 3 baixo, Vigo)

Ano 2007. Duración: 100 minutos

Dirixida por Brett Morgen

Documental cun rico arquivo de imaxes e son acerca das protestas contra a guerra do Vietnam, que se realizaron no ano 1968 durante a convención do Partido Demócrata dos Estados Unidos.

No mesmo mestúranse partes feitas con debuxos animados nas que se recrea o xuízo contra sete implicados nas protestas, un deles: Abbie Hoffman, afirmou que era racista chamalos "Os sete de Chicago" porque se xulgou tamén a Bobby Seale dos Panteiras Negras, e os dous avogados acabaron igualmente sendo xulgados, de aí o de "Os 10 de Chicago".



A historia de MOVE, 35 anos en movimiento

Data da proxección: 11 de setembro ás 20:30 horas no CSA "A Cova dos Ratos" (r/romil, 3 baixo, Vigo).

Ano 2004. Duración: 55 minutos.

V.O. en inglés subtitulado ao castelán pola Cizalla Ácrata.

Narrado polo historiador Howard Zinn, a película conta a historia e loita deste organización adicada a "respectar e protexer a vida en todas as súas formas". "Vida, comunidade, ou o respecto a natureza, todo iso é unha ameaza para o Estado cando quen a practica toma a determinación de defender os seus ideais de forma radical".

No mesmo móstranse os acontecimentos máis significativos, durande a década dos 70 e os 80 en Philadelphia cando os MOVE foron obxecto dunha brutal represión que conseguiu asasinar e encarcerar á maioría dos seus membros, 9 dos cales continúan hoxe en día encarcerados, así como o seu simpatizante Mumia Abu Jamal que foi o único periodista que tentou difundir o seu caso.


Organizan:

A.C. Caleidoskopio e Grupo de Axitación Social

.

07/08/09

Xornadas Anarcorurais no CSA "A Formiga" (Redondela) [08/09-08-09]

.


O 8 e 9 de agosto no Centro Social "A Formiga" (Camiño Artilleira s/n Estrada Vigo-Redondela) proxeccións, xantar, obradoiros, charla sobre permacultura...

Máis info:

www.myspace.com/centrosocialaformiga

.

05/08/09

Cangas ergueuse contra o porto deportivo de Masso [01-08-09]

.



Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.

Crónica de Salvemos Monteferro da manifestación: http://galizanonsevende.org/?p=819

Editoriais de Galiza.Indymedia.org sobre o conflicto de Masso:

http://galiza.indymedia.org/gz/2009/07/20464.shtml

http://galiza.indymedia.org/gz/2009/07/20581.shtml

.