30/01/09

Ibercaja financia o maltrato


Darlle un Click co rato enrriba da imaxe para aumentala de tamaño e facela máis lexible.

.

13/01/09

Campionato de matar raposos 2009



Nova matanza de raposos en Galiza


Os grupos asinantes, lamentamos informar que, a pesares do rexeitamento público das edicións anteriores, os crueis “campionatos” de matanza de raposos volverán a se repetir este ano en Galiza organizados pola Federación Galega de Caza, apoiada e subvencionada pola Consellerías de Medio ambiente e de Cultura.

Tan desprezable acontecemento, único no mundo despois de súa prohibición na Inglaterra, solo está permitida en Galiza, sede tamén de tódolos “campionatos nacionais” xa que nas demais comunidades son rexeitados.
Unha vez mais, Galicia, coa conivencia das autoridades e a falta de respecto á nosa Terra da Federación Galega de Caza, é víctima propicia que perde a súa riqueza en favor dos intereses do resto do Pais.





Catro “campionatos provinciais” en cada unha das provincias galegas, mais un “campionato galego” e despois o “campionato nacional”. Todo un fraude ao período oficial de caza e un grave desequilibrio das colonias de raposo.
Serán ducias de raposos os que van morrer para diversión insán de mais de mil supostos “deportistas” que virán, oportunistas, matar, gratis, os poucos sobreviventes do exceso de caza que xa provocou a desaparición case total, das demais especies silvestres da nosa Comunidade.

Animais que teremos que sumar á enorme cantidade que morre durante a tempada de caza e aos atropelados nas autovías que, para aforrar, son construídas sen os adecuados pasos para eles.

Unha “diversión” que, en calquera outro lugar do Estado, no caso de que se permitira, custaría mais de 400 Euros, a cada cazador, en algún dos terreos cinexéticos comerciais que existen. En Galiza pagarán só 30 Euros (“cea incluída”), mentres o destorzo ambiental sáelles gratis.
Este é o “ecoloxismo” do que presumen estes “deportistas” da morte que, despois de exterminar as demais especies, agora compiten para facer desaparecer tamén o raposo.

A fauna non é deles. Os animais tamén teñen dereito a vivir sen que algúns desalmados compitan para matalos e despois tiralos ó lixo. Os demais cidadáns esiximos o noso dereito a gozar da súa presencia nos nosos montes, vivos.

Esiximos a prohibición total da caza, sobre todo competitiva, do raposo, ou sexa cantos mais se mate mellor, baixo o amparo de una actividade letal, recoñecida de maneira incomprensible como deporte pola Consellería de Deporte e Cultura.

Esiximos á Consellería de Medio Ambiente que investigue as falsidades nos censos que temos denunciadas e que prohiba as matanzas masivas, depredadoras e inxustificadas que atentan contra a vida e a diversidade dos nosos montes.

ADEGA, Amigos da Terra, Asturias Verde, ASCEL, Coto do Frade, CS A Formiga, Eucaliptos NON, Fundación Altarriba, GAS Vigo, LIBERA, Matar por matar NON, SOS Courel, Verdegaia .

06/01/09

Proxección de documentais e debate sobre os Guarani Mbyá o sabado 10 de Xaneiro


Exhibición de dous filmes sobre os Guarani Mbyá, un dos derradeiros pobos indíxenas nómadas da Mata Atlántica, documentales que dan voz aos pobos indíxenas do Brasil.

O sabado día 10 de Xaneiro ás 20:30 horas no CSA "A Cova dos Ratos" (r/romil 3 baixo).

Organizan:

Grupo de Axitación Social e Asociación Caleidoskopio


Despois da exhibición dos filmes debate cos autores:

Marcia Gomes de Oliveira Suchanek e Norbert Suchanek

Marcia é cientista social e trabalha com os povos indigenas no Brasil desde 1989.
Norbert é jornalista ambiental e trabalha desde 1987 sobre dereitos humanos e povos indigenas.
Atualmente também trabalhan com a ONG alemá Rettet den Regenwald


Filme:

A Fala do Cacique

DVD, 21 min, 2007

Direção: Marcia Gomes & Norbert Suchanek

Português. Legenda: português, inglês e francês.

Quando se fala em povos indígenas no Brasil, geralmente as pessoas se
remetem somente à Amazônia. Mas isto não é correto, porque há povos
indígenas em todo o Brasil, em todos os ecossistemas brasileiros.
Inclusive, na região Sudeste do Brasil, onde estão localizadas cidades
como Rio de Janeiro e São Paulo que também possuem povos indígenas: os
Guarani Mbyá!

Os Guarani Mbyá são tradicionalmente nômades e vivem na região da Mata
Atlântica. Nos últimos 30 anos, o Governo Brasileiro construiu 2
centrais nucleares (Angra 1 e Angra 2) em seu território tradicional
ao sul do Rio de Janeiro, sem comunicar aos Guarani Mbyá. E agora, em
2008, o Governo está construindo outra usina nuclear (Angra 3) neste
mesmo lugar. Este documentário mostra a Aldeia Guarani Mbyá, chamada
Sapukai, situada próxima às usinas (centrais) nucleares brasileiras. O
centro do filme é a fala precisa do Cacique Guarani Mbyá Verá Mirim,
94 anos, sobre a sua aldeia, ecologia e energia nuclear. Este
documentário dá voz aos povos indígenas esquecidos do Brasil, como os
Guarani Mbyá.

O Cacique Verá Mirim foi convidado para participar do Indigenous World
Uranium Summit (IWUS), novembro 2006, Navajo Nation, em Window Rock ,
Estados Unidos. Esta seria a primeira participação de um representante
indígena do Brasil em um Encontro Mundial de Povos Indígenas sobre
Energia Nuclear. Porém, o Cacique não tinha passaporte e nem visto
para entrar nos Estados Unidos, não podendo viajar para o Encontro.
Por isso, fizemos a entrevista para representá-lo virtualmente no
Encontro, dando origem a este documentário.

Filme:

Mamanguá. De onde você é.

DVD, 39 min, 2008

Direção: Marcia Gomes & Norbert Suchanek

Português. Legenda: inglês

A Mata Atlântica é o território sagrado Guarani Mbya. Eles são um dos
últimos povos nômades da Mata Atlântica. Foram um dos primeiros povos
contatado pelos colonizadores há 500 anos atrás. Mas eles sobreviveram.

Tradicionalmente os sonhos direcionam suas vidas e seus movimentos. Em
2004, o Cacique Roque Benites teve um sonho. Ele sonhou retornar a uma
terra de seus ancestrais. Esta terra é Mamanguá. Durante a exploração
colonial, ela serviu para a plantação de cana de açúcar. Agora, o
Cacique Roque Benites e Santos Karay Tataendy lutam juntos para a sua
demarcação. Este documentário apresenta como Roque e Santos retornaram
à floresta de seus ancestrais para re-estabelecer sua tradicional
harmonia com a natureza. Mamanguá, localizada em Parati, ao sul do
Estado do Rio de Janeiro, significa em Guarani: "De onde você é".

01/01/09

Reflexións sobre a enerxía eólica en Galiza

O modelo de sociedade actual susténtase sobre o consumo, e dentro das súas diferentes vertentes, de maneira destacada, sobre o consumo enérxético. O noso modo de vida precisa do emprego da enerxía provinte de diferentes fontes como os combustibles fóseis (petróleo, carbón, gas), auga, sol, vento, etc.

O progresivo esgotamento dalgunhas das fontes enerxéticas máis empregadas unido a un exponencial incremento do consumo mundial e ós importantes problemas ambientais xerados pola produción convencional de enerxía, propiciaron a procura de novas alternativas enerxéticas.
Así, as enerxías renovables aparecen como unha solución perante a crise ambiental e enerxética mundial; e dentro das renovables, a que está a acadar maior importancia é a enerxía eólica.
Galiza é un dos exemplos máis relevantes do tremendo salto cuantitativo e cualitativo experimentado por esta fonte enerxética nos derradeiros anos.

Fagamos un exercicio de abstración e imaxinémonos que no ano 1995 unha persoa nova, nada no concello de Muras na Comarca da Terra Chá, tivese que emigrar, como tantas outras persoas, para traballar na hostalería no val de Arán ou na construción nas illas Canarias. Pois ben, se agora, e como consecuencia da crise económica, esta persoa decidise regresar, probablemente non recoñecería á súa terra natal.

No Concello de Muras hai un total de 18 parques eólicos con centenares de aeroxeradores asociados. As montañas da Serra do Xistral (incluídas por certo dentro da rede Natura 2000) que atesouran unha importantísima riqueza medioambiental e social, contan con varios parques eólicos cos respectivos aeroxeradores, subestación e pistas, que racharon coa súa riqueza senlleira exemplificada nas turbeiras.
Pero como pode ser posible que en tan só 13 anos ocorrese este cambio tan drástico no Concello de Muras?
Como a enerxía eólica puido pasar de ser algo case inexistente a convertir a Galiza nunha das grandes potencias mundiais na produción?

Para darnos conta da magnitude que acadou a xeración de enerxía eléctrica mediante aeroxeradores no noso territorio resulta de interese coñecer algúns dados:

- Na actualidade hai máis de 130 parques eólicos en Galiza.
- Estes parques contan cunha cantidade de aeroxeradores que está perto dos 4.000.
- A potencia instalada en Galiza é de case 3.000 MW.
- Galiza era no ano 2007 a sexta potencia eólica mundial.
- Coa adxudicación de 2.325 MW do concurso eólico e contando outros MW pendentes de instalar, agárdase acadar os 6.500 MW de potencia no ano 2012.


Fonte: Revista Energías Renovables. Marzo 08.


Este grande medre da enerxía eólica pode plantexarse de maneira isolada como algo positivo, xa que a enerxía eólica provén dunha fonte enerxética renovable (e mesmo "limpa" segundo algúns autores). Sen embargo, e para analizar esta produción é preciso contextualizar a enerxía eólica dentro do modelo de produción e consumo actual, que non é outro que o modelo de produción e consumo enerxéticos capitalista. As premisas sobre as que se sustenta este modelo e as súas consecuencias sociais, ambientais e económicas, teñen que ser o obxecto principal de reflexión e debate por parte dos movementos sociais.

Hai que ter en conta que a enerxía eólica que se produce en Galiza e no resto do estado, xerase co obxectivo de sumarse, non de substituír, ás outras fontes enerxéticas convencionais. Segundo os dados do Informe de Sostenibilidade en España 2006, o consumo de enerxía multiplicouse no estado español por 2,5 entre 1973 e 2005. Ademais hai que ter en conta que no ano 2006 un terzo da enerxía eléctrica que producida en Galiza vai directamente cara a outras rexións.

As consecuencias da posta en marcha de instalacións destinadas á produción de enerxía eólica poden ser de diversa índole.

Impacto visual. Para entender o impacto visual dun parque eólico resulta interesante coñecer un exemplo real. Un aeroxerador de 660 kw de potencia (hoxe en día estanse instalando aeroxeradores de 2.300 kw) ten as seguintes características:

Tamaño de torre: 45 m
Peso da torre: 32.000 kg
Medida das pas: 22,5 m
Peso das pas: 1.800 kg
Peso da góndola: 20.400 kg
Peso total da máquina: 63,900 kg (con tódolos compoñentes internos)

Como podemos entender unha estrutura de case 70 metros contando coas pas (ou de máis de 90 nos aeroxeradores máis modernos) ten un importante impacto visual. Ademais os aeroxeradores soen estar instalados nos cumios dos montes o que pode acentuar este impacto.

Apertura de pistas: Para poder transportar as inmensas moles que son os aeroxeradores, resulta necesario a apertura de pistas que teñen un impacto importante no entorno e na fauna salvaxe. Por outra banda, onde antes só se podía acceder tras varias horas de intensa camiñada, agora pódese chegar en coche en apenas uns minutos co conseguinte prexuízo para a biodiversidade. Nalgúns lugares como a Serra do Xistral ou o Suído, leváronse a cabo verdadeiras atrocidades ambientais.

Mortaldade aves: A acción das pas pode afectar, como aconteceu recentemente na Serra do Suído, ó tránsito das aves rapaces en perigo de extinción.

Contaminación lumínica: Lugares onde non existía ningún tipo de contaminación lumínica vense afectados polas luces intermitentes existentes nalgúns aeroxeradores.

Contaminación electromagnética: Para evacuar a produción eléctrica, unha liña de media tensión vai soterrada a 1,5 metros de profundidade comunicando os aeroxeradores a unha subestación.

Impacto social: Os nosos cumios forman parte da nosa identidade. Cada penedo, cada recuncho e cada rego ten un nome, unha historia e unhas utilidades no rural e cos parques eólicos parte desa creación colectiva pode esvaecerse.

A destrución do entorno e da paisaxe ten un efecto perverso en canto á perda de identidade.
Outro aspecto fundamental consiste no custe de oportunidade de non realizar outras actividades tradicionais. Onde hai un parque eólico estase deixando de realizar en potencia outras actividades que poderían ser máis respectuosas co entorno e favorecer o desenvolvemento do rural.

Voltando ó principio do texto, resulta evidente que existen importantes razóns para que o desenvolvemento da enerxía eólica fose tan espectacular, ten que haber circunstancias que favorezan a expansión desta enerxía en Galiza..

En primeiro lugar o marco regulador ten moita importancia. As CCAA, a Xunta neste caso, conta coas competencias para a regulación desta fonte enerxética. Dende o primeiro Decreto Eólico (205/95), a Xunta outorgou as concesións eólicas de maneira gratuíta e infinita no tempo. Vexamos, no caso dun encoro a concesión é por un tempo determinado e finito, sen embargo ó falar dos parques eólicos, a concesión non ten un límite temporal, e a empresa concesionaria non tributa pola obtención da concesión.

Cando a xunta autoriza un parque eólico, ésta recoñece a utilidade pública da instalación e a súa prevalencia sobre outros usos tradicionais ou futuríbeis. A partires de aí, pode comezar o proceso expropiatorio se as persoas afectadas non chegan a un acordo coa empresa promotora.

Nos DOGs, cando se declara a utilidade pública dun parque eólico, soe aparecer este parágrafo:
"Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico xxxx, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa".

Por outra banda, non hai que esquencer que as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) son un dos principais axentes afectados polos parques eólicos en Galiza. As CMVMC constitúen ó redor de 3.000 unidades produtivas comunitarias que ocupan en torno ás 700.000 hectáreas, en torno á cuarta parte da superficie de Galiza. A existencia de varios casos de expropiacións de monte comunal e a primacía dos parques eólicos de titularidade privada sobre as CMVMC, demostran do lado de quen está a administración e a xustiza.

Ademais se analizamos os promotores eólicos existentes en Galiza podemos darnos conta rapidamente de que moitos deles son grandes empresas e multinacionais que non operan no mercado da enerxía e sen embargo sí o fan no mercado eólico. Por que sucede isto?
Pois nin máis nin menos que pola rendibilidade dos parques eólicos. Un parque eólico de perto de 50 MW de potencia instalada puido facturar aproximadamente no ano 2006 uns 11 millóns de euros (tendo en conta o prezo medio de MWh/ano do 2006 e unha produción anual de 2.400 MWh/ano).

Desta facturación, unha porción moi pequena está a permanecer nas áreas afectadas, co que os propietarios están a quedar fóra do negocio eólico. Ademais os postos de traballo que permanecen despois de levantarse o parque son moi poucos e as actividades tecnolóxicas de maior valor engadido estanse a realizar fóra de Galiza.

En definitiva, a enerxía eólica é necesaria e comparativamente, moito mellor que outras fontes enerxéticas. Sen embargo, baixo o paraugas das enerxías renovables e co amparo da administración, estanse a acubillar e a lucrar os especuladores responsables da destrución do territorio galego e do noso medio rural.

Grupo de Axitación Social