ANO CERO , DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS
-¿Qué somos?
Pois unha iniciativa autoxestionada de forma asamblearia e horizontal, na cal evitamos calqueira tipo de interés economico en torno a nosa actividade.
Simplemente tratamos de preservar un espazo natural xa acondicionado, dependendo das sementes das hortalizas que cultivemos e a rotacion dos cultivos, a nosa finalidade é crear e manter un ciclo de subsistencia da terra.
Así mesmo o único beneficio “material” que recibiremos serán os productos naturais da horta, que as integrantes recibirán para o seu consumo repartidos de forma igualitaria.
Os nosos cultivos serán ecoloxicos, cun sistema de permacultivo, ademais o espazo serviralle á xente que non teña coñecemento nestas artes de cultivo para aprender mediante o traballo diario na mesma, coa satisfacción engadida de poder levar a casa os productos cultivados, non se lle impedirá a ninguén participar no proxeto por falta de coñecemento das actividades do campo.
-¿Qué pretendemos?
Sendo conscientes da diversidade de iniciativas existentes dentro dos novos movementos sociais adicados ao consumo alimentario(cooperativas de consumo,comercio xusto, etc) en ningún momento entraremos no mercantilismo xa sexa comprando sementes ou vendendo o obtido trala recolleita, xamais veremos como excedentes unha boa colleita pois de aí se sacarán as sementes das seguintes colleitas para os vindeiros anos.
Sendo a maioría das integrantes criadas no rural vigués e cultivando dende pequenas
hortas familiares (de feito seguimos nelas), dispoñemos dos coñecementos e o espazo necesario para a creación dun taller permanente de cultivo ecoloxico.
Os campos atópanse no barrio de Beade, extrarradio Vigues, o cal é un dos mais castigados polo desenvolvemento da cidade (pola creación da cidade universitaria no parque forestal, dun parque tecnoloxico, prósimamente do hospital máis grande de Galiza, e todo isto acompañado dos viais creados para dar servizo a cada unha delas,etc).
Somos conscientes da necesidade dos servizos sociais xa mencionados (excluindo eso sí o parque tecnoloxico) pero denunciamos os modos e o espazo físico que requeriron para a súa construccion, por explicalo doutra forma, a ninguén se lle ocorrería ubicar ese macro Hospital en espazos naturais protexidos como as Illas Cíes ou as Ons, pois igualmente nós pensamos que a sociedade necesita conservar o rural vigués como parte da súa identidade agrícola e social.
Recuperar estes campos é a nosa forma de manifestarnos de maneira práctica fronte ao noso querido PXOM, que nega a existencia do rural e destrúe todo o terreo agrícola convertíndoo en solo urbano, industrial e dotacional.
“Tamén sacaremos aos poucos, material didatico sobre permacultura no blogue dos nosos queridos irmáns do GAS,(http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/).”
Xa que neste tempo no que todo se mercantiliza e se valora polo que custa en euros, nós consideramos fundamental a idea de compartir e perpetuar os coñecementos nacidos da terra, que non pertencen a ninguén en particular e pola contra pertencennos a todas.
.
